Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

VI Semana Cultural As Eiroás

A estrutura da Semana segue vertebrando-se enrte os Obradoiros e os xogos para os máis cativos, as Conferéncias ou charlas informativas xá para idades máis avanzadas e as proxeccións cinematográficas para toda a família. Ademáis, mantemos o Encontro de Xogos Tradicionais do domingo e a actividade nocturna do sâbado, onde os viciños e as viciñas descubrirán a súa parte máis histriónica.
O programa -a grandes rasgos- conta cos seguintes actos:
-Cada tarde, depois das 5 e meia, un Obradoiro (distinto cada xornada) dirixido aos máis cativos achegará-os a distintas manifestacións culturais e artísticas. Comezará luns coa elaboración dun Mural sobre o Desenvolvimento sostíbel, o martes será o día elexido para que os máis cativos “roden” unha curta-metraxe; mércores será un día para a elaboración de diversos “enredos” (en homenaxe ao Xaquín Lorenzo); xoves ocupará as tardes dos máis cativos un xogo de rastrexo criptográfico e venres un Obradoiro de Astronomía, que servirá de antesá para a saída nocturna a contemplar as estrelas.. Complementarán-se estes obradoiros con xogos tradicionais e cooperativos. Ademáis, o luns 30 está programada unha visita guiada ao Ponto Limpo e ao que foi o Verquideiro de Lixo (que tantos trastornos causou a este bairro) para coñecer o proxecto de recuperación do entorno.
-Ás 8 da tarde, chegarán os actos máis orientados a adultos. Entre eles, destacamos o martes un Recital poético e apresentación do livro Entre os teus olhos, a cárrego do seu autor, Artur Alonso Novelhe. Mércores será Manuel Nogueira (de Uniros-Ourense) quen falará sobre A Inmigración: achegamento a outras culturas. O venres fechará este ciclo unha conferéncia de Jorge Fente sobre as Axendas’21 locais.
-Ás 10 da noite, unha proxección cinematográfica xuntará ás famílias que o desexen nos arredores do Local social para despedir cada xornada. Será do luns ao xoves, pois o venres a estas horas sairemos de excursión para contemplar as estrelas. Entre as proxeccións cabe salientar unha xornada adicada a curta-metraxes galegas, programada coa colaboración de Mr. Misto Films.
-Xá o sábado, ás 10 da noite, representará-se a Obra de Teatro Os cravos de prata, de Nicolás Bela, a cárrego do grupo Alá vós teatro, formado por viciños e viciñas.
-O domingo, ao longo da tarde, celebrará-se o VI Encontro de Xogos Tradicionais.
Lois Pardo