Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Centro Comarcal da Ulloa acolle varios obradoiros destinados a mulleres

O programa dos Obradoiros é :
Hábitos vida saudable; mercores 2 de decembro, de 16,00-19,00 horas no Centro Comarcal da Ulloa
Tempo Libre Activo; xoves, 3 decembro, de 16,00 - 19,00 horas no Centro Comarcal da Ulloa
En canto ó contido e aspectos técnicos dos Obradoiro cabe destacar:

OBRADOIRO: Hábitos de Vida Saudable
A FICHA TÉCNICA
DURACIÓN: 4 horas
DESTINATARIAS: Mulleres
RECURSOS MATERIALES: Reprodutor de DVD e TV (Centro), folios e bolígrafos, fichas de traballo
ASPECTOS DO OBRADOIRO
OBXETIVOS:

¸ Orientar sobre hábitos alimenticios saudables.
¸ Previr sobre posibles patoloxías e trastornos alimentarios.
¸ Coñecer os ingredientes de una dieta saudable
¸ Coñecer os efectos nocivos do tabaco: patoloxías
¸ Ofrecer orientacións sobre sa prevención do consumo do tabaco
¸ Coñecer a utilidade do exercicio físico diario para mellorar a calidade de vida
¸ Ofrecer ferramentas prácticas para a práctica de exercicio físico.

METODOLOXIA: A metodoloxía a utilizar no Obradoiro combinará os aspectos teóricos cos prácticos mediante dinámicas, debates e a utilización de medios audiovisuais, que permitan as participantes un coñecemento máis axeitado dos contidos. En cada uno dos temas a tratar: Alimentación, Tabaquismo e Exercicio físico se incidirá tanto en os contidos específicos do tema como na súa interrelación.

CONTIDOS
Alimentación saudable
Aspectos xerais que relacionan a alimentación e a saúde.
Os trastornos alimentarios: prevención
A dieta saudable: os produtos ecolóxicos. Confección de dietas
A “comida lixo”
O Tabaquismo
Efectos nocivos do tabaquismo: a súas patoloxías
Prevención o tabaquismo
Quero deixar de fumar ¿qué podo facer?
Exercicio físico
Achega do exercicio físico a una mellor calidade de vida
Instrumentos básico para un exercicio físico diario: elaboración de táboas individuais
Exercicio físico na casa: así de fácil



OBRADOIRO: Tempo Libre Activo
A FICHA TÉCNICA
DURACIÓN: 4 horas
DESTINATARIAS: Mulleres
RECURSOS MATERIALES: Fichas de traballo. Revistas de Viaxes. Guías turísticas de Galicia.
No Centro: Reprodutor de DVD e TV.
ASPECTOS DO OBRADOIRO
OBXETIVOS:
¸ Orientar sobre o aproveitamento activo de tempo libre.
¸ Dar pautas reais de cara a procura de alternativas de lecer e tempo libre
¸ Aprender a xestionar o tempo libre
METODOLOXIA: A metodoloxía a utilizar no Obradoiro combinará os aspectos teóricos cos prácticos mediante dinámicas, debates e a utilización de medios audiovisuais, que permitan as participantes un coñecemento máis axeitado dos contidos. Tamén se lles facilitará información sobre recursos de tempo libre no seu entorno, así como a programación de viaxes e excursións.

CONTIDOS
A necesidade do goce do tempo libre: ¿qué facer?
Análises das alternativas de lecer no noso entorno: deportes, excursionismo, lectura, música
Formación continuada: oferta sociocomunitaria
Excursións e viaxes: coñecemento do entorno de Galicia
Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei