A área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo achega case un millón de euros a actividades
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, informou, no transcurso da rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, da aprobación da proposta de concesión das achegas dirixidas a entidades e concellos para a realización de actividades de interese cultural ao longo deste último ano por valor de 940.000 euros. Tal e como explicou o nacionalista, a Área de Cultura desta institución recibiu 599 solicitudes aínda que finalmente só tramitou 554 peticións ao non cumpriren, as 45 dilixencias restantes, cos requisitos necesarios para a súa xestión. Segundo os datos manexados por esta mesma área, as entidades culturais lucenses presentaron, no seu conxunto, 488 peticións das que 446 foron admitidas a trámite. Pola contra, os concellos achegaron un total de 111 solicitudes das que tan só 2 foron desestimadas.
Na súa intervención, Antón Bao salientou que a Área de Cultura destinará unha boa parte do orzamento total asignado para estes fins, uns 690.000 euros, a sufragar os gastos das entidades derivados da posta en marcha de actividades de carácter anual (440.000 euros) e puntual (250.000 euros). No que atinxe ás solicitudes presentadas polos distintos concellos, a Deputación de Lugo achegará a cantidade restante, cifrada en 250.000 euros, para costear os gastos correntes destes entes locais (125.000 euros) e os gastos destinados a investimentos (60.000 euros), a equipamento (40.000 euros) e a paliar aos danos ocasionados polo temporal Klauss (25.000 euros).

Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo)