A Xunta ultima o Plan de Autonomía Persoal para as Persoas Maiores
O Goberno galego xa ten ultimado o Plan de Autonomía Persoal para as Persoas Maiores de Galicia. Así o avanzou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no acto de presentación do libro ‘Manual de autoayuda para un envejecimiento saludable y feliz’ que se celebrou en Santiago. Trátase dunha obra escrita polo mestre José Antonio Flórez Lozano e editada pola Obra Social de Caixa Galicia.
Mato concretou que o plan que se está a deseñar é “unha ferramenta que nos servirá para coordinar todas aquelas políticas e accións dirixidas á mellora da calidade de vida dos maiores”. Destacou, ao respecto, que “este instrumento pretende ser, ademais, un vehículo para as relacións interxeracionais” e subliñou que “estamos a falar de políticas extensas, e non intensivas nin coxunturais, xa que se trata dunha nova concepción e xeito de vida dos nosos maiores”.
Neste sentido, a titular de Traballo e Benestar explicou que a Xunta entende que os maiores son “un piar da sociedade, como elemento activo e participativo”. Por iso, engadiu que a sociedade galega ten que deixar de pensar nos maiores en termos de xubilación ou de retiro. “O que está caduco é este concepto, non os nosos maiores”, resaltou.
Mato apuntou que os países onde se puxeron en marcha programas consolidados de promoción de envellecemento activo lograron reducir as súas taxas de dependencia. É o caso doutros países da Unión Europea, dixo. “Este é o camiño que desexa tamén emprender e consolidar a Consellería de Traballo e Benestar”, engadiu.
Por último, a conselleira resaltou a necesidade de establecer unha coordinación entre os servizos de saúde de atención primaria e os servizos sociais como punto de partida antes da aplicación de programas específicos para a promoción da vida activa das persoas maiores.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia