A escritora galega Yolanda Castaño protagoniza a Noite Poética A Pipa 09
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/certamen_a_pipa_09.jpg)
O xurado, que emitiu o seu fallo, estivo presidido por Alicia Chao Penela e composto por Amparo Becerra Arrojo , Marta Rodríguez López e Afonso Becerra, acordou conceder vos seguintes galardóns: Primeiro premio para Ana Digón Caño, de San Pedro-Cervantes, polo texto titulado Filomena, Filomena, e segundo para Adrián Rodríguez Pardo, de Aucella, Cervantes, polo seu relato Un home moi especial. Os accésit foron para Carlota Yepes Pereira (Becerreá) por O agocho secreto; Sandra López López (Vilachambre-Baralla) pola Pipa contacontos; Ana María Aira Seijo (Celeiró-Pedrafita do Cebreiro) por O xardín dás letras; Miguel Ángel Alba Rodríguez (Santa Mariña-Cervantes) por O gato preguizoso; e Tania López Rodríguez (Vilarguite-Cervantes) pola Nena con corazón de paxaro.
O poema titulado Como atopar a moza correspondente, de Jesús José Rodríguez Cedrón (Dumia-Cervantes) foi elixido gañador, sendo segundo Fruttys, de María del Carmen Fontal Maciñeiras (Pol-Baralla). Houbo tres accésit para Historia dun labrego, de Beatriz Rosón López (Vilardemouros-Cervantes); A gaita galega, escrito por Sandra Fernández García (Sobrado de Picato-Baralla); e A lúa e o sol, do que é autor David Rubianes Núñez (Penarrubia-Baralla). O xurado declarou deserto ou primeiro premio nesta categoría e tampouco concedeu accésit. Otorgouse o segundo premio a Xosé Luis Vázquez Somoza, de Guntín, polo seu texto O ballón de San Xoán.
O poema Axóuxeres de salitre, escrito por Rocío Leira Castro (Pereira-Cee-A Coruña) acadou ou primeiro premio; mentres que ou segundo foi parar a Xosé Otero Canto, de Lugo, co texto titulado Ecoando buguinas en apertas apreixadas (A xeito de liras en pentasílabos).
As Noites Poéticas organizadas pola asociación cultural A Pipa son unha homenaxe ás escritoras e aos escritores da literatura galega. Trátase dun achegamento directo ao labor creativo, á filosofía e á persoa da autora recoñecida na xornada, neste ano foi a poeta Yolanda Castaño. A velada constou dunha primeira parte na que se estableceu unha conversa distendida coa escritora homenaxeada guiada por Marta de Sinllán e Afonso Becerra, na que tivo a oportunidade de participar o público asistente. Na segunda parte proxectáronse dúas pezas de videocreación de Yolanda Castaño.
Esta actividade anual que organiza a asociación cultural A Pipa de Becerreá comezaron a celebrarse o 28 de decembro de 1996 con Uxío Novoneyra. Desde aquela ata agora celebraronse dezasete veladas, das que foron protagonistas: Manuel María (28/12/1997), Helena Villar Janeiro (26/07/1998), María Xosé Queizán (28/12/1998), María do Carme Kruckenberg (28/12/1999 e 29/12/2000), Chus Pato (28/12/2000), Marica Campo (28/12/2001), Xesús Rábade Paredes (28/12/2002), María do Cebreiro (29/12/2002), Cristal Méndez Queizán (28/12/2003), Bernardino Graña (2/01/2005), Darío Xohán Cabana (28/12/2005), Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas (27/12/2006), Manuel Lourenzo (29/12/2007), María Xosé Queizán (27/12/2008), e Manuel Rivas (28/12/2008).
Vitor Otero (Xefe de Gabinete Vicepresidencia 1ª Deputación de Lugo)