Presentada a reedición dos nº 1 e 3 do Caderno de Estudos Chairegos

Na súa intervención, o nacionalista Antón Bao destacou o “traballo abnegado do Instituto de Estudios Chairegos a prol da recuperación, revitalización e investigación do noso patrimonio cultural, sinal de identidade que nos identifica como pobo”. Por iso, Bao manifestou que “desde a entrada no goberno da Deputación, desde a Área de Cultura sempre tivemos claro que para dinamizar culturalmente Lugo e o País era necesario apoiar o asociacionismo, xerme de ideas e motor cultural e social”. Deste xeito, Antón Bao remarcou que “a Deputación de Lugo estará sempre axudando a todos aqueles colectivos que, como o IESCHA, traballan para manter vivos unha cultura, un idioma – e máis nestes tempos nos que se está vendo continuamente ameazado a teor da resposta social que hoxe vai haber a favor do fomento da lingua- e todos aqueles elementos culturais que edificaron a nosa historia como pobo e cuxa preservación e valorización resultan fundamentais para manter viva a nosa identidade”.

Vitor Otero (Xefe de Gabinete Vicepresidencia 1ª Deputación de Lugo)