Feijóo di que o Ano Santo é unha oportunidade para que Galicia se presente tal como é
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o Ano Santo supón para Galicia “ter unha oportunidade de ensinarse como é”. “Unha oportunidade de abrir as portas e mostrarnos como somos; un pobo que ten unha cultura arraigada e un idioma moi arraigado. O Xacobeo supón, en definitiva, abrirse como sempre estivemos abertos, xa que de aquí saíron máis de tres millóns de persoas para estar practicamente presentes en calquera lugar do mundo. Os nosos emigrantes, que foron os precursores do que se chama a globalización, están –lembrou- en calquera pais de América, Europa...”.
Ademais de remarcar a espiritualidade, a reflexión persoal e a dificultade e o sacrificio que caracterizan ao Camiño, Feijóo subliñou tamén, durante unha entrevista en Radio Nacional, que, diante da crise económica que se está a vivir, o Camiño de Santiago sae “moi económico e rentable”. “Podo asegurar –afirmou- que é moi barato. Andar, durmir nun dos albergues e comer en calquera das tascas e lugares do camiño é moi económico”.
O paro, principal obsesión neste momento
Ao longo da entrevista, Feijóo recoñeceu que unha das principais preocupacións do Executivo galego, neste comezo de ano, é o paro, “xa que estamos ante unha crise económica moi forte e o problema –dixo- é que non vemos por parte do Goberno central unha planificación económica nin laboral. Hai moita improvisación e moitos golpes de efecto mediáticos e así non imos solucionar moito”.
O presidente galego amosou a necesidade de que o Goberno de España “cambie de rumbo, cunha axenda económica e laboral, faga un esforzo cos axentes sociais e concerte medidas valentes para buscar un único obxectivo que é que a xente que non ten traballo o atope. Esta é a principal obsesión que debe ter o Goberno neste momento”.
Cordialidade lingüística
No tocante ás bases de elaboración do decreto do plurilingüismo, Feijóo afirmou que o equilibrio é o antídoto contra calquera extremismo e “nós pensamos –dixo- que a cordialidade lingüística das rúas debe de trasladarse ás aulas”. “Pensamos que a escola debe ser unha fonte de coñecementos e de valores. De coñecemento, a través do coñecemento das dúas linguas oficiais máis unha terceira; e de valores, como o da liberdade, o da convivencia e o da cordialidade”.
Neste senso, o mandatario galego lembrou que en educación infantil a lingua vehicular para aprender a ler e escribir será a que lle digan os pais á administración pública; e en educación primaria e secundaria, por primeira vez, os pais poderán elixir a lingua dunha das dúas materias troncais ou instrumentais na que queren que se lle imparta aos seus fillos esa asignatura.
“Queremos –dixo- que os nenos saian da escola dominando as dúas linguas oficiais de Galicia e manexando con soltura unha lingua estranxeira. Esa é unha ambición colectiva de Galicia”.
Non haberá políticos nas caixas
En relación coa Lei de caixas, Feijóo lembrou que coa nova lei non vai haber políticos nas caixas. “Ningún presidente de deputación, ningún alcalde, ningún tenente de alcalde, concelleiro, etc, poderá estar nos órganos de goberno das caixas. Buscamos a maior profesionalización posible de xeito que so poden estar nos órganos de goberno das caixas persoas que teñan coñecementos económicos, financeiros ou xurídicos e buscamos a maior transparencia nos órganos de xestión das caixas”.
Así mesmo, mostrou o seu convencemento de que o Goberno central “non empregará dúas varas de medir, xa que se acaban de aprobar leis de caixas en Cataluña e en Euskadi e en Andalucía se están facendo fusións”. “Só pido identidade de razón e comportamento igual entre comunidades. En Galicia fixemos unha lei cos dous terzos da Cámara votando a favor e unha lei que se compara con vantaxe, desde o punto de vista da transparencia e da profesionalidade, a calquera lei de comunidade autónoma que non foi recurrida polo Goberno de España”.
Sobre a presidencia española da Unión Europea, Feijóo afirmou que o Goberno necesita “máis axuda que crítica”, se ben recoñeceu a necesidade de estar presentes nos asuntos da axenda europea que interesan a España. “Ao Goberno hai que axudarlle no ámbito europeo, se ben hai que pedirlle que nos grandes asuntos da axenda europea que lle interesan a España esta estea presente”.
Neste senso, lembrou que desde Galicia hai dous ou tres cuestións clave, como é a aterraxe suave dos fondos de cohesión, “xa que podemos perder –lembrou- fondos de cohesión polo efecto estatístico dunha Europa ampliada”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia