O Centro Carvalho Calero acolle unha mostra do pedagogo Franceso Tonucci
O Concello trae á cidade de Ferrol a mostra de fotografía “Os dereitos das nenas e dos nenos a traverso da obra de Francesco Tonucci”. A súa inaguración celebraráse no Centro Cultural Carvalho Calero o martes, 12 de xaneiro, a partires das 19 horas, e correrá a cargo da concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales; do vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area Carracedo, e representantes da ONG Unicef. Coa mostra, incluída no marco dos programas educativos municipais, a Administración local pretende, nunha ocasión máis, educar en dereitos desde a cidade. A este respecto, Mercedes Carbajales avanzou que a exposición se poderá ver ata o 22 de xaneiro. Existen dúas modalidades: para colexios (previa solicitude ao Negociado de Educación, en horario de mañá) ou para o público en xeral (en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas).
Con ela, o Concello quere espallar o obra de Francesco Tonucci (Italia, 1941), mestre e pedagogo que desde hai moitos anos adícase ao estudo do pensamento e do comportamento infantil nos diferentes escenarios onde transcorre a súa vida: a familia, a escola, a rúa, etc. Así, con esta exposición, o Concello invita á reflexión sobre os dereitos dos nenos e nenas a través de documentos gráficos, en formato humorístico, literario ou artístico, dirixidos fundamentalmente ao público adulto, cuxa temática son os dereitos da infancia. Estas viñetas forman parte do libro “FRATOgrafías. 35 anos de humor dentro da Educación”, primeiro libro traducido ao galego da obra de Tonucci. E ao fío disto, a edil Mercedes Carbajales fixo mención aos tres eixos principais sobre os que o Concello desexa que pivote a súa achega para unha educación de calidade: os dereitos dos nenos e nenas, os dereitos humanos e o coñecemento da cidade de Ferrol. E neste caso, a intención é achegar a obra de Francesco Tonucci ao profesorado da cidade, ás nais e pais, á clase política e ao público en xeral, apoiando deste xeito a procura dunha cidade na que se vive e goza dende unha convivencia de liberdade e respecto entre todos os cidadáns e cidadás, tendo por fin último promover un desenvolvemento harmónico e sostible en termos de cidadanía e diversidade. Aspectos estes que se promoven na exposición “Os dereitos das nenas e dos nenos a traverso da obra de Francesco Tonucci”, a cal está organizada polo Concello de Ferrol coa colaboración da Universidade de Vigo, Unicef Ourense e a Obra Social de Caixa Galicia de Ourense e Ferrol.
Así mesmo, a edil de Educación avanzou que entre os asistentes ao acto inaugural da mostra repartirase un catálogo da mesma. Por último, Mercedes Carbajales destacou o historial profesional, artístico e como activista en favor dos dereitos da infancia de Francesco Tonucci, coñecido artisticamente co nome de Frato, cuxa obra é o instrumento perfecto para a misión da UNICEF: a difusión da Convención dos dereitos das nenas e dos nenos. Tonucci está considerado como unha das figuras de maior relevancia no mundo do humor gráfico, da educación e da loita polos dereitos da infancia.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol