Nuria Díaz Bervide gaña o Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración
Este premio, que convoca anualmente a Deputación de Ourense nas súas modalidades de narración e ilustración, chega á súa sétima edición e está dotado con 3.000 euros para cada unha das categorías.
O xurado avaliou de maneira especial a calidade artística do traballo presentado por Nuria Díaz, claramente identificado cos criterios estéticos e técnicos das publicacións bibliográficas. Trátase dun traballo altamente elaborado, cunha liña plástica e argumental claramente definida e constante, que gozóu da maior aceptación por parte do xurado.
O xurado desta edición estivo integrado por Xoán Babarro González, autor do texto gañador e sobre o que deben xirar as ilustracións; Ana Malingre, responsable de Publicacións da Deputación; Alejadro González Caporale, deseñador gráfico e artista, e Modesta Solano, profesora de pintura da Escola de Artes e Oficios da Deputación. Presidíu o xurado e deputado de Cultura, José Luis Valladares, e como secretario oficióu o director do Centro Cultural, Francisco González.
O texto gañador fora o escrito por Xoán Babarro, titulado “Palabra era un universo paralelo”. Agora a Deputación procederá a edición íntegra desta publicación, que se empregará nunha campaña de animación á lectura.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense