A Xunta negocia coa familia Franco as dependencias do Pazo de Meirás que se abrirán ao público próximamente
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/pazo_de_meiras.jpg)
Jose Manuel Rey Pichel insistiu en que a Dirección Xeral “actuou en todo momento de acordo coa lei e respectando o proceso xudicial”. O 1 de outubro de 2009 estableceuse a primeira comunicación coa familia Franco a través dunha carta na que se manifestaba a obriga de abrir o pazo de Meirás ao público. No mes de novembro tivo lugar a primeira reunión cos representantes da familia e, na actualidade, estanse a definir as zonas que poderán ser expostas ao público proximamente: “biblioteca, planta baixa e planta primeira”.
O director xeral do Patrimonio argumentou que “os resultados das conversacións cos titulares están sendo positivos” e que por parte da familia Franco “non existe oposición, senón prudencia lexítima” para abrir o pazo de Meirás ao público “catro días ao mes cun procedemento determinado”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia