Vilariño de Conso, gobernado polo PPdeG, rexeita o decreto do galego
Vilariño de Conso converteuse no primeiro concello galego en posicionarse contra o decretazo do galego.
Este concello ourensán -cuxo alcalde é do Partido Popular- aprobou por unanimidade a moción impulsada polo BNG en que se demanda a retirada do decreto, se insta á Xunta a que cumpra as súas obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza e se lle pide taxativamente ao Goberno galego que retorne ao consenso político e social que ficou consagrado quer na Lei de Normalización Lingüística quer no Decreto 124/2007, produto este último do Plano de Normalización Lingüística.
A moción do BNG foi apoiada polos votos do PP e do PSOE.
Esta iniciativa do BNG, cuxo texto se achega, vaise debater no conxunto dos concellos galegos e nela afírmase que “é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta de Galiza que maltrate e desprece a lingua propia do noso País”.

Gabinete de Comunicación do BNG