Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Fundación Curros Enríquez entrega libros de escritores de Celanova á Asociación Limia Verde

Na Casa dos Poetas, a Fundación Curros Enríquez fará entrega dun lote de libros para as casas de turismo rural que forman a Asociación Limia Verde. Obras dos escritores de Celanova encherán os estantes destes establecementos hoteleiros co fin de que os visitantes aloxados poidan coñecer de primeira man a rica literatura da zona e ir creando pouco a pouco unha biblioteca sobre Celanova en cada unha delas. Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, X. L. Méndez Ferrín ou Castor Elices serán a partir de maá unha proposta máis para os momentos de descanso nestas casas rurais.

Con este acto a Fundación Curros Enríquez desexa facer público o seu apoio á creación da Asociación Limia Verde deixando abertas as portas para futuras colaboracións. Esta reunión propiciará tamén o intercambio de información sobre as actividades culturais que realiza a Fundación ao longo do ano (exposicións, presentacións de libros, obradoiros, etc.) e as ofertas hoteleiras destas casas de turismo.

En concreto esta entidade ofrecerá tamén a súa colaboración para que a Asociación Limia Verde poida ofertar percorridos literarios tanto pola propia vila de Celanova como polos seus arredores, percorrido que se corresponde á xa coñecida “Ruta currosiana”.

Cooperación que estamos seguros enriquecerá e fomentará o interese por coñecer Celanova e a Baixa Limia en especial aos amantes das letras.
Fundación Curros Enríquez