Paco Pestana exhibe no Centro Cultural da Deputación de Ourense o seu universo excéntrico e feliz

No acto de presentación, o presidente da Deputación José Luis Baltar, dixo que neste caso “tan importante é coñecer a obra como o autor, pola desbordante personalidade que ten Paco Pestana”. Baltar engadiu que Pestana “é un artista cun mundo propio, cun universo particular que ten a Galicia coma un referente básico para crear ese mundo infinito onde a imaxinación reina coma unha diosa incuestionable”.
Pola súa banda o artista fixo un percorrido pola súa biografía, explicando que as experiencias de máis de trinta anos percorrendo o mundo marcárono en todos os sentidos “contribuíndo a canalizar a miña creatividade e permitíndome ter aquelo que máis desexa un artista: liberdade para crear a súa obra”.
Francisco González, director do Centro Cultural da Deputación, dixo que Pestana “é un artista apegado á súa terra a ás súas costumes”, e definiuno coma “prolífico, excéntrico, xeneroso e explorador de si mesmo; Pestana é un escultor de culto e un poeta, un provocador para o enxeño que pon a disposición dos ourensáns unha exposición singular da que todos disfrutaremos”.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense