Presentado o libro-CD do gaiteiro Marco Foxo

O xoven gaiteiro Marco Foxo e un dos novos valores da gaita en Galicia. Ven de gañar en 2009 o concurso de solistas e o seu virtuosismo ven de colocalo nun dos máximos expoñentes contemporáneos de gaita galega. No seu primeiro traballo recolle un total de 14 pezas -ás cales foron arranxadas por el mesmo- e que veñen a render homenaxe aos “Trinta de Trives” e ao Gaiteiro de Ventosela, figuras destacadas da gaita de finais do século XIX e principios do século XX.
Xosé Lois Foxo dixo na presentación que a filosofía deste traballo é entroncar as vellas músicas galegas coas actuais, “recuperando vellos sons da man dunha gaita -a que toca Marco Foxo- que ten 250 anos de antigüidade e que procede do Caurel”.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, dixo sentirse orgulloso en nome da Deputación de poder presentar este traballo de Marco Foxo, afirmando que é un claro valor da nosa música, “porque ademais de executar con gran perfección as pezas, investiga e traballa no eido da etnografía musical, algo que todos os ourensáns lle temos que agradecer”.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense