Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Presentada a biografía de María Luz Pena, unha vida adicada á esperitualidade

O acto de presentación contou coa presenza do bispo de Ourense, Luis Quinteiro, e dos autores do libro, José Ramón Hernández Figueiredo e Ramiro González Cougil, quen acompañados por Marina, irmá de María Luz, explicaron os acontecementos máis importantes da vida desta muller, nacida en Allariz en 1923 e falecida en honor de santidade en 1993.

Luis Quinteiro referiuse a ela afirmando que esta muller “marabillosa soubo cultivar de maneira excepcional os seus dotes de espiritualidade, porque dedicar unha vida ao fomento da santidade é unha labor calada, silenciosa pero moi gratificante para todos”. O bispo de Ourense dixo que persoas como Mariluz son as que axudan á Igrexa a afrontar os retos de futuro entre os que se atopan o de facer creíble a Cristo a través da vida santa. “Os nosos fieis estanse a volver cara ás persoas que teñen deixado ante nós destelos de santidade, e este é un legado que non podemos esquecer”, explica Luis Quinteiro.

Pola súa banda, os autores do libro fixeron un percorrido pola vida e obra de María Luz Pena cualificándoa “dunha vida de xenerosidade e sinxeleza entregada ao apostolado e á oración”, afirma José Ramón Hernández. Logo de pasar uns anos no Convento das Clarisas de Allariz, María Luz Pena tivo que deixar o retiro debido á tuberculose, para volcarse nun incesante traballo de apostolado que a levou a desenvolver un gran número de actividades: arranxo de altares, retiros espirituais para xóvenes, excursións, coros parroquiais, visitas a enfermos, caridade, escolas de verán para nenos, participación na Liturxia e creación da Fundación Santa María Oferente para a axuda aos sacerdotes. “Toda unha vida dedicada á espiritualidade dende o máis fondo da fe católica”, como a difiniu Ramiro González.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense