O BNG di que os nacionalistas non asinarán o acordo contra a crise que propón o Goberno central
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, considera que o fracaso do Goberno na interlocución cos demais grupos políticos “demostra o fracaso da estratexia de apoios de xeometría variábel no Congreso”.
Nunha rolda de prensa en Santiago de Compostela, Francisco Jorquera atribuíu o fracaso do Goberno “a unha estratexia errática, sobrevalorando o peso do Grupo Socialista nas Cortes, e desprezando os apoios estábeis e optando por unha estratexia de xeometría variábel que pretende contentar a todos e non contenta a ninguén”. “En definitiva, non definen cales son os seus socios preferentes e polo tanto cales son as súas liñas estratéxicas”.
“Pretendían unha foto propagandística”
Pero ademais, o portavoz do BNG atribuíu o fracaso do Goberno a que “pretendían este luns facer máis unha foto propagandística que establecer un diálogo serio coas forzas políticas para consensuar medidas para saír da crise”.
“Sobre as bases actuais o BNG non vai subscribir ningún acordo”
En canto ao documento do Goberno, Francisco Jorquera volveu criticar hoxe tanto o contido coma as formas da negociación do documento do Goberno para acadar un pacto de Estado contra a crise económica.
“Se o Goberno quere extras para tirar unha foto propagandística, equivócase de porta porque o BNG non se presentou ao cásting”, subliñou.
No referente ao método, o voceiro do BNG criticou que “despois de que o 4 de marzo nos reuníramos co Goberno no Palacio de Zurbano, o Goberno non se poña en contacto con nós nin teña respondido ás nosas propostas, e o xoves pasado nos remita nun documento practicamente pechado para asinalo hoxe luns en Zurbano”.
“Estas présas non son formas de abordar un pacto de tanta transcendencia”, subliñou.
“Ausencia clamorosa de propostas relativas a Galiza”
No referente ao contido, Francisco Jorquera asegurou que “hai ausencias clamorosas no documento, tanto en aspectos de política xeral para combater a crise como a necesaria reforma en materia fiscal ou a reforma do sistema financeiro, para manter o carácter social e o vínculo territorial das caixas de aforros”.
Pero o que máis botou en falta o voceiro do BNG é que “no índice do documento saltáronse a G de Galiza porque non se recolle ningunha das propostas relativas ao noso país que lle trasladamos ao Goberno como as relativas ao sector lácteo, á pesca ou ao naval”.
Por iso, anunciou que “sobre estas bases o BNG non vai subscribir ningún acordo ou pacto co Goberno contra a crise”.

Gabinete de Comunicación do BNG