A Deputación de Ourense, única institución que aposta pola recuperación do santuario das Ermitas

Luis Maroto expresou a súa preocupación pola situación do santuario, que ven sofrindo problemas de estabilidade pola filtración de augas, algo que se agravou este inverno. De tal xeito, nos últimos sete anos o santuario asentara 1 milímetro e solo neste inverno asentou 2 milímetros. “Que despois de 300 anos o edificio siga asentando, eso é fatal”, dixo o autor do libro, que é doutor enxeñeiro de obras públicas.
Tamén lembrou que a única axuda que tiñan eran 60.000 euros concedidos pola Deputación, diñeiro co que tentarán drenar a montaña e agardan que outras administracións aporten os 60.000 euros restantes para darlle unha solución estable a este problema.
Maroto queixouse do retraso en buscar solucións a este problema e dixo que o libro era un intento de sensibilizar ás administracións sobre a conservación do monumento.
O vicepresidente segundo da Deputación, Moisés Blanco, dixo que “as obras da Deputación empezarán de inmediato”, despois de recibir a documentación solicitada ao concello de O Bolo, e felicitou ao autor polo seu traballo e pola súa insistencia.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense