Executado o 100% do orzamento dispoñible en 2009
A Xunta de Galicia executou o 100% do orzamento dispoñible o ano pasado e conseguiu preservar os investimentos produtivos e non sacrificar o gasto social a pesar de atoparse cun desfase de 1.200 millóns de euros por sobrevaloracións de ingresos e necesidades adicionais de gastos.
A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, compareceu no pleno do Parlamento para informar do peche do exercicio 2009 e resaltou que Galicia “cumpriu co obxectivo de estabilidade orzamentaria”, cun déficit do 1% do PIB, o máximo autorizado, quedando por baixo da media estimada polo Estado para as comunidades, que é do 2,2%.
Fernández Currás salientou que “a Xunta devolve á Cámara un orzamento ben diferente do que se aprobou en decembro de 2008”, pois sinalou que “un Goberno debe traballar sobre a realidade e axustalo á realidade”. “Actuamos con absoluta transparencia poñendo en coñecemento do Parlamento a marxe de manobra da que dispoñiamos”, lembrou.
Así, indicou que nesta situación de partida a Xunta actuou como esixen os galegos, “con rigor, responsabilidade e cunha xestión que axude a resolver os seus problemas en lugar de xerarlle máis”.
Resaltou que con ese obxectivo adoptáronse un completo paquete de medidas de dinamización económico para reducir as taxas de incremento do paro, apoiar aos emprendedores, facilitar o camiño da recuperación da actividade e do consumo, protexer os servizos públicos e o gasto social, e todo iso sen esquecer a gran responsabilidade de garantir a medio prazo a sostibilidade financeira da comunidade autónoma.
“É importante sinalar que o noso gasto é inelástico. Un incremento descontrolado a curto prazo do déficit traerá, inevitablemente, axustes moi importantes a medio prazo, que poderían impactar na calidade dos nosos servizos. E iso non o vai permitir este Goberno”, garantiu.
Entre as medidas para acadar este obxectivo, citou o Plan de Austeridade dotado de 144 millóns de euros, que eliminou os gastos superfluos e preservou os sociais; e a mobilización de 1.200 millóns de euros a través do Plan de Choque Fronte á Crise, que permitiu ter 60 millóns de euros para atender a un 70% máis de persoas dependentes.
Tamén citou a dinamización do consumo a través da venda de automóbiles grazas ao Programa Re-movete, que permitiu impulsalas a final de ano e mediante as rebaixas fiscais para a adquisición de vivendas e para os traspasos de negocios, que lograron incrementar un 10% o número de operacións de adquisición dos colectivos beneficiados.
Ademais, informou de que nos oito primeiros meses de lexislatura acadouse un nivel de licitacións que ascendeu a 470 millóns de euros, multiplicando por 10 o volume do mesmo período da lexislatura anterior. “A mobilización destes recursos económicos fixo posible a creación ou mantemento de máis de 7.000 postos de traballo directos ou indirectos vinculados ao sector da construción”, apuntou.
Austeridade e boa xestión
A conselleira de Facenda subliñou que “a austeridade non está rifada coa boa xestión” e puxo como exemplo o primeiro ano de Goberno, con “menores custes de funcionamento e unha mellora de xestión”. “E seguimos, porque a austeridade non só se refire a un plan concreto, senón a unha forma de entender a xestión pública”, remarcou.
Así, salientou que, pese á austeridade, Galicia pechou o ano mantendo o diferencial en termos de PIB respecto al Estado, porque a Administración autonómica foi capaz de prestar mellores servizos a un menor custe, manter o debido equilibrio das política de oferta e demanda sen afectar ao resultado. “Nós cumprimos co obxectivo de estabilidade, cando a media de déficit das comunidade é do 2,2%”, incidiu.
Neste senso, Marta Fernández Currás resaltou que Galicia aporta confianza e seguridade, o que lle permite manter unha posición vantaxosa e unha imaxe de solvencia nos mercados financeiros, un comportamento que tamén mantén cos seus provedores, coa posta en marcha do Rexistro Electrónico de Facturas, que permite o seguimento e pago das mesmas en 45 días, medida na que esta administración foi pioneira.
A titular de Facenda apuntou que a Xunta pago o que debe, e en prazo, e procura non gasto o que non ten, cunha estratexia de priorización, como corresponde a un Goberno prudente e rigoroso. “Cun esforzo extraordinario por parte de todas as consellerías conseguimos reorientar a política económica recortando os gastos de funcionamento para mobilizar recursos sen prexudicar os investimentos produtivos”, indicou.
Fernández Currás contrapuxo a transparencia, rigor e coherencia da Xunta coa improvisación, engano e incoherencia do Executivo central. Así, denunciou que hoxe o Goberno de España, que aporta o 9,5% de déficit público, 100.000 millóns de euros, e que incumpre o obxectivo de estabilidade fixado polo mesmo Executivo, restrínxelle a unhas das poucas comunidades cumpridoras o financiamento e a súa capacidade de endebedarse.
Lealdade institucional
A conselleira de Facenda explicou que a Xunta enfróntase, de novo, ao reto de axustarse o cinto, asume a responsabilidade de reducir o gasto público, xestiona un orzamento cunha caída de ingresos non financeiros do 13%, pero esixe tamén responsabilidade por parte do Goberno de España e, sobre todo, lealdade institucional.
“O comportamento dos últimos tempos menoscaba, sen dúbida, a autonomía financeira desta comunidade autónoma e pon en dúbida a suficiencia financeira”, alertou, pois nesta situación “o Executivo central nega ás comunidades, nunha decisión unilateral, o dereito de percibir os anticipos dos recursos adicionais do financiamento correspondentes ao ano 2010”.
Por iso, sinalou que a execución orzamentaria do ano 2010 deberá axustarse ás novas condicións de financiamento establecidas unilateralmente polo Goberno de España, que se reduce pola negativa ao pagamento do anticipo de recursos adicionais en 111 millóns de euros, que provocará un axuste orzamentario de 218 millóns de euros.
“Esta actitude do Goberno altera as regras de xogo na metade do partido, afecta gravemente ao equilibrio das contas e condiciona a estabilidade orzamentaria da comunidade autónoma”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia