Unha delegación do Parlamento Europeo visita a Universidade de Santiago
O reitor da USC, Senén Barro, e os vicerreitores de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior e de Política Internacional, Máximo Pló e Agustín Merino, recibiron en San Xerome a unha delegación da Comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo que está a manter encontros na cidade, no marco da Presidencia española da Unión Europea, con distintas autoridades locais, autonómicas, académicas e representantes da cultura.
Os doce eurodeputados, a quen se lle entregaron exemplares da memoria de Responsabilidade Social da USC, conversaron cos responsables universitarios sobre o estado actual das institucións de educación superior e concretamente sobre o Espazo Docente de Educación Superior, ao que a de Santiago ten adaptadas todas as titulacións.
Na xuntanza o reitor explicoulles a estrutura bicampus da Universidade compostelá e describiulles servizos como o de residencias, equipamentos de investigación, instalacións deportivas ou bibliotecas. Fixo tamén un percorrido polo mapa de titulacións que ofrece, abarcando as cinco grandes áreas de coñecemento, e destacou o seu liderado en emprendemento e calidade investigadora no panorama universitario español.
Rematou a súa intervención Barro facendo alusión á concesión ministerial de Campus de Excelencia Internacional ao proxecto Campus Vida, recoñecemento que só conseguiron 9 das 52 Universidades que se presentaron á convocatoria. Para coñecer in situ o proxecto, os eurodeputados fixeron un breve percorrido por distintas instalacións de Campus Vida.
A delegación está presidida polo vicepresidente da Comisión, Morten Løkkegaard (ALDE-Dinamarca), e integrada por Marco Scuria (PPE-Italia), Marie-Thérèse Sanchez-Schmid (PPE-Francia), Sabine Verheyen (PPE-Alemania), Róza Gräfin Von Thun Und Hohenstein (PPE-Polonia), Seán Kelly (PPE-Irlanda) Santiago Fisas Ayxela (PPE-España), Francisco José Millán Mon (PPE-España), Catalin Sorin Ivan (S&D Rumanía), Petra Kammerevert (S&D-Alemania), María Badia i Cutchet (S&D-España), Nadja Hirsch (ALDE-Alemania).

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)