As asociacións Raiolas e Auxilia, premiadas na I Gala Muralla Moda 2010

Raiolas é un colectivo formado por pais e nais de personas que sofren autismo, e que traballa pola integración familiar e social. Na provincia, esta asociación atende a máis de 100 persoas, e presta os seguintes servizos: terapias individuais, orientación familiar, logopedia, apoio sanitario e escolar, e mesmo elaboración de material adaptado.
A outra galardoada foi Auxilia, unha asociación formada por un cento de socios e voluntarios que, dende o ano 1972, actúa en 32 Concellos da zona centro de Lugo eliminando barreiras urbanísticas, educativas, formativas, ou laborais, e garantindo a igualdade dos cidadáns malia padecer discapacidades físicas.
O organismo provincial e o Concello de Lugo, xunto a tenda luguesa Dulce Locura, celebraron o pasado mes de abril a I Gala Muralla Moda 2010, un acto benéfico que se enmarca dentro de Lugo10, o progama municipal que conmemora o 10º aniversario do Monumento como Patrimonio da Humanidade.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo