Os VII Diálogos Literarios de Mariñán, punto de encontro sobre a creatividade escrita
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López inaugurou no Pazo de Mariñán os VII Diálogos Literarios de Mariñán, organizados pola Fundación Carlos Casares e enmarcados no contexto do Ano do Libro e da Lectura e o Ano Xacobeo 2010. Francisco López describiu o foro como “un referente da vitalidade creativa de Galicia onde se fragua unha parte importante da transformación que precisamos para construír un discurso permanentemente actualizado, a través da investigación e da apertura aos novos elementos da nosa realidade literaria”.
No acto inaugural tamén participaron a presidenta da Fundación Carlos Casares, Kristina Berg e a subdirectora da Fundación Caixa Galicia, Rosario Sarmiento. Na súa intervención, o director xeral de Cultura amosou o compromiso da Consellería de Cultura e Turismo no “apoio a estas accións a través das que conseguimos marcar a nosa personalidade dun xeito coherente e recoñecible desde calquera punto de vista, do público galego e do exterior”.
Francisco López asegurou que o foro define a Galicia como “unha comunidade que se identifica polas súas manifestacións de calidade, entre as que destaca a nosa literatura, a obra colectiva das autoras e dos autores aquí presentes ou representados”. O director xeral destacou o traballo de creadores, editores e demais profesionais vencellados á escrita que consegue que “as bibliotecas públicas, as librerías, os centros de ensino, os fogares e as institucións de cultura amosen unha oferta cultural galega acorde cun país do século XXI”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia