A mostra From I to J reúne a obra dun pensador do XX y dunha cineasta do XXI
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/isabel_coixet.jpg)
Diego Calvo asistiu esta tarde á antiga prisión provincial, onde tivo lugar a inauguración da exposición “From I to J”, que permanecerá na cidade ata o mes de xullo e na que a directora de cine Isabel Coixet rende homenaxe ao escritor, crítico de arte, poeta e artista John Berger.
O máximo representante da Xunta na provincia destacou que a mostra “From I to J” e moito máis que unha homenaxe de Isabel Coixet ao legado de Jonh Berger. “A mostra supera ese concepto e configúrase como unha obra de arte en si mesma”, asegurou na súa intervención.
A exposición “From I to J” recrea a experiencia sensorial da novela de Berger “From A to X”, que conta a historia dunha muller, Aida, que escribe cartas ao seu namorado, Xavier, que está encarcerado.
Diego Calvo considerou un privilexio poder gozar dunha parte do legado de Berger na Coruña nunha mostra de talla internacional e de gran transcendencia, froito da encomiable labor de Coixet, e que conta có apoio do Concello da Coruña, da Xunta e de Raíña Lupa Edicións.
Asemade, Calvo resaltou a achega á cultura galega que supón a exposición, “especialmente relevante neste ano Xacobeo no que estamos inmersos e que está a converter Galicia nun centro cultural de referencia a nivel europeo e mundial”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia