Xacobeo 2010 presenta a xira galega da Merce Cunningham Dance Company
Xacobeo 2010 trae a Galicia á considerada como unha das mellores compañías de danza do mundo, a Merce Cunningham Dance Company, dentro da programación do Camiño das Artes Escénicas. Esta agrupación percorre cos seus espectáculos de danza as cidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña desde o venres 25 e ata o martes 29 de xuño.
Á rolda de prensa celebrada hoxe asistiron o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás; o director de coreografía da compañía, Robert Swinston, e o bailarín Silus Riener. Na súa intervención, Ignacio Santos destacou que a figura de Merce Cunningham, o fundador da compañía falecido en 2009, “recolle de forma clara un dos valores baixo os que se deseñou a programación de Xacobeo 2010, o talento e a creatividade artística”.
Asemade, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo engadiu que o espectáculo que chega agora a Galicia “exemplifica perfectamente a unión de diferentes disciplinas profesionais, como son a danza e as artes visuais, para ofrecer unha peza mestra que de seguro deixará un poso naqueles que acudan a gozar do espectáculo, logrando así o seu propósito: manter o legado da que foi unha personaxe excepcional e imprescindible no mundo da danza”.
A Merce Cunningham Dance Company viaxa en primeiro lugar a Vigo o venres 25 de xuño, cando actuará no Centro Cultural Caixanova ás 20.30 horas. Alí a compañía representará o espectáculo Nearly 902, a creación final de Merce Cunningham e unha das súas máis inesquecibles pezas mestras. Creado pouco antes do seu falecemento, este traballo recolle o coñecemento e as prácticas de más de 70 anos de traxectoria profesional e representa o cumio da súa creatividade.
Nearly 902 será tamén a peza que se presenta o sábado 27 de xuño no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. En A Coruña, a Merce Cunningham Dance Company representa, o martes día 29, no Teatro Rosalía de Castro, as pezas Duets, Second Hand e MinEvent. As entradas para esta última cita da compañía en Galicia xa están esgotadas.
Orixes da compañía
A Merce Cunningham Dance Company é a principal obra do seu fundador que, en 1975 crea a súa primeira obra marcando un antes e un despois na danza moderna. Merce Cunningham, Washington 1919-2009, foi solista na compañía de Martha Graham, desde 1939 a 1945, aínda que xa en 1944 presentou o seu primeiro concerto solista en Nova York con John Cage.
A Merce Cunningham Dance Company formouse no Black Mountain College no verán de 1953, data desde a que Cunningham coreografiou preto de 200 obras para a súa compañía. Non obstante, a súa interese pola tecnoloxía contemporánea impulsouno a traballar co programa informático DanceForms, que usou para realizar todas a súas danzas desde o traballo Trackers, en 1991. En 1997 empezou a traballar na captura de movementos para desenvolver o decorado para BIPED, interpretada por primeira vez en 1999.
A súa traxectoria profesional foi recoñecida internacionalmente con diferentes premios, entre os que destacan o Praemium Imperiale, que recibiu en Tokio en 2005, ou o nomeamento en Francia de comandante da Orde das Artes e das Letras en 1982. Falecido o pasado ano, a compañía pretende continuar o seu esforzo por compartir e preservar o seu legado e, durante este ano, presentará a súa obra póstuma en países coma Estados Unidos, Francia ou España.
A xira da compañía por cidades galegas enmarcase no Camiño das Artes Escénicas da programación de Xacobeo 2010, o apartado que presenta as montaxes relacionadas coa danza e o teatro, a maxia, e os espectáculos de acrobacias, luz, son e ritmo. Trátase de proxectos cunha única linguaxe internacional, baseada no talento persoal e por riba de todo, na creatividade.
Master Class
Durante a súa estancia en Galicia, a Merce Cunningham Dance Company ofrecerá tres master class de danza en Santiago de Compostela que, baixo a coordinación do Centro Coreográfico Galego, terán lugar nas mañás dos días 24, 26 e 28 de xuño na sala de ensaios da nave da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) no polígono de Costa Vella. Xacobeo 2010 colabora na organización destas sesións formativas, que se desenvolven coincidindo coas actuacións da prestixiosa compañía estadounidense en Vigo, Santiago e A Coruña.
A bailarina Jennifer Goggans impartirá a primeira destas master class, reservada para os participantes no programa Circo Europa (I Encontro Jeunes Telents Cirque Europe), evento organizado polo Centro Dramático Galego que congrega en Santiago, desde hoxe e ata o vindeiro día 29, un total de 70 artistas emerxentes e profesionais das artes escénicas.
Pola súa banda, o coreógrafo Robert Swinston dirixirá as sesións do sábado 26, de 10.30 a 12.00 horas, e do luns 28, de 10.00 a 11.30 h. Os bailaríns interesados en asistir a estas clases teñen de prazo ata o día 25 para formalizar a súa solicitude de inscrición segundo as especificacións que se detallan na páxina web do Centro Coreográfico Galego: www.centrocoreografico.org. O custo da matrícula é de 20 € para cada unha das xornadas, establecéndose en ambos casos un límite de 25 prazas.
Ademais, durante a súa estadía en Galicia, a Merce Cunningham Dance Company empregará as instalacións da nave da Agadic en Santiago como base de operacións para o traballo físico e os ensaios diarios do corpo de baile cara ás funcións que ofrecerá dentro da programación do Xacobeo 2010.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia