Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Chamamento á participación na manifestación en defensa dos asteleiros públicos de Ferrolterra

Estamos nun intre esencial na defensa dos nosos intereses coma cidadans dunha Comarca maltratrada polos Poderes Públicos de maneira brutal nos derradeiros 20 anos.
Por iso, mais alá de sectarismos vergonzosos protagonizados por certas organizacións que valoran mais seu propio protagonismo que a consecución dos obxectivos de todos, debemos dar unha resposta masiva e solidaria de toda a cidadanía.
Unha resposta que mande ao Goberno unha mensaxe inequívoca de que Ferrolterra non vai pasar por novos desmantelamentos nin por solucións que apracen sen resolver os problemas que conduciron aos asteleiros ferroláns á situación actual e á nosa comarca a ser unha das mais deprimidas do Estado.
Defender os Asteleiros non é só un asunto dos traballadores do Naval: se prosperan as intencións gubernamentais, toda a nosa Comarca vai vivir un declive que non ten precedentes na historia do noso Pais. Impedir ese declive ha ser o obxectivo da movilización do domingo, e de outras que sen dúbida haberá que levan adiante ata cambiar o rumbo de Ferrolterra.
USTG