O Festival Via Stellae, en Palas de Rei (Lugo)
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/via_stellae_clarinetistas.jpg)
“O clarinete clásico” é o título do programa que ofrecerán o dúo de clarinetes formado por Vicente López e Beatriz López. O clarinete é un instrumento coñecido polo seu timbre aveludado e, no eido da música de cámara, conta cun dos repertorios máis ricos xa que practicamente todos os compositores importantes deixaron escritas obras de cámara para o clarinete. No Clasicismo adquire este instrumento adquire un verdadeiro protagonismo como voz principal dentro da orquestra e, precisamente a este período da historia da música pertencen a maior parte das obras incluidas neste concerto, que comeza cunha composición para dous chalumeaux (instrumento antecesor do clarinete) do barroco alemán Telemann e que inclúe obras dun dos fillos de Bach (Carl Philipp Emanuel Bach), de Mozart, dos franceses Devienne, Lefevre e Pleyel e do sueco-finés Bernhard Crusell,
Protagonistas do concerto son dous experimentados e sensibles clarinetistas (un valencián e unha castellonense) que teñen en común ser membros da Real Filharmonía de Galicia: Beatriz López dende hai dous anos é clarinete solista desta orquestra compostelá e profesora da Escola de Altos Estudos Musicais e Vicente López pertence á orquestra dende a súa fundación en 1996 e é ademais membro fundador do Ensemble s21 (agrupación galega especializada na música contemporánea).
Como en todos os concertos do Festival Via Stellae nas diferentes localidades dos Camiños de Santiago a entrada é libre ata completar o aforo do local.
Festival Via Stellae
V Festival de Compostela e os seus Camiños
Organizan:
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo (Consellería de Cultura e Turismo)
Concello de Palas de Rei
Camiño Francés
venres 23 xullo
PALAS DE REI
Igrexa de San Tirso
20:30
VICENTE LÓPEZ clarinete
BEATRIZ LÓPEZ clarinete
O clarinete clásico
obras de Telemann, C.P.E. Bach, Devienne, Mozart, Crussel, Pleyel
Catro edicións de grande éxito, cun entusiasta recoñecemento da prensa especializada e o respaldo do público, preceden esta quinta edición do Festival Via Stellae, a deste especial ano Xacobeo 2010. O centro do festival é de novo Santiago de Compostela como meta do Camiño, pero o Via Stellae aumenta as súas actividades por máis de cincoenta vilas e cidades galegas situadas nas dez rutas de peregrinación que conducen a Compostela (incluindo este ano como novidade o Camiño Portugués pola costa e o Camiño de Inverno). Recoñecido como unha referencia a nivel nacional e mesmo europeo, unha das cualidades máis sobranceiras do Via Stellae é a categoría dos intérpretes que enchen o seu atrainte cartel de 125 concertos.
- CLARINETISTAS:
VICENTE LÓPEZ PUIG clarinete
Tras diplomarse con matrícula de honor en el Conservatorio Superior de Música de Valencia, su ciudad natal, estudió becado por el Ministerio de Cultura en el Conservatorio Nacional de París. Posteriormente obtuvo el premio extraordinario fin de carrera en el Real Conservatorio Superior de Música de Madrid y el diploma de concertista en la Hochshule des Sarlandes für Musik und Theater de Saarbrücken (Alemania). Ha sido galardonado en diferentes concursos internacionales como el de Dos Hermanas (Sevilla) o el Karl Maria von Weber de Munich. Como integrante de la European Community Youth Orchestra durante cuatro años, realizó giras por todo el mundo y actuó con directores de la talla de Claudio Abbado, Bernard Haitink, Kurt Sanderling, Vladimir Ashkenazy o Leonard Slatkin y en salas como la Philharmonie de Berlín, Musikverein de Viena y Royal Albert Hall de Londres. En 1989 obtuvo el número uno en la oposición a profesor numerario de clarinete (Real Conservatorio Superior de Música y Conservatorio Profesional Arturo Soria de Madrid y Conservatorio de Santiago de Compostela) y, desde su fundación en 1996, es clarinete co-principal de la Real Filharmonía de Galicia. Es miembro fundador del Ensemble s21.
BEATRIZ LÓPEZ clarinete
Nada en Jérica (Castellón), obtivo o título superior de clarinete no Conservatorio de Valencia e perfeccionou os seus estudos na Universidade Mozarteum de Salzburgo. Co Trío Pamina actuou en España, Austria e Xapón e gañou concursos de música de cámara en Vinarós, Barcelona e Turín; tamén resulta premiada no Concurso Carlo Soliva de Casale Monferrato (Italia). Colaborou coas orquestras de Valencia, RTVE, Sinfónica de Galicia e Mozarteum de Salzburgo e foi membro da Sinfónica Cidade de Oviedo. Dende 2008 é clarinete solista da Real Filharmonía de Galicia e profesora de clarinete da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.
Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei