Presentado o libro A Biblia na iconografía pétrea lucense, de Xaime Delgado
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, participou na presentación do libro de Xaime Delgado titulado “A Biblia na iconografía pétrea lucense”. A obra está editada polo servizo de publicacións da Área de Cultura da Deputación, e recolle un exhaustivo traballo de investigación de Xaime Delgado sobre 27 obras de arte que se atopan en diferentes puntos da provincia de Lugo. Á presentación do libro asistiron, ademais de Bao, Xaime Delgado, o autor do libro, Lois Diéguez, autor do prólogo, Alfonso Carrasco, obispo de Lugo, e Xoán Ramiro Cuba, coordinador do servizo de publicacións da Área de Cultura da Deputación.
Na súa intervención, Antón Bao deu os parabéns e agradeceu ao autor polo “esforzo e o traballo de investigación realizado, que da como froito unha publicación imprescindíbel”. Neste sentido, Bao lembrou que “coa nosa entrada no goberno da Deputación, comezou un novo ciclo no que a calidade converteuse en prioridade fronte a cantidade para o servizo de publicacións, que leva a cabo o traballo de edición tendo en conta a significación das obras o seu aproveitamento para o coñecemento da cidadanía”. Deste xeito e grazas a esta publicación, afirmou, “podemos gozar de unhas observacións e conclusións que nos aportan un grande coñecemento sobre a arte da nosa terra, o que significa moito para Galiza e en especial para os lucenses”.
A obra de Xaime Delgado supón unha aproximación a xoia paleocristiá dende diversas perspectivas: o contexto histórico e xeográfico, as ideas previas que se deben ter en conta para a compresión das escenas, as mensaxes que se pretendeu transmitir con elas e algunhas interpretacións, entre outras. O libro componse de un total de 27 estudos realizados a 27 obras de arte que se atopan en diferentes puntos da provincia de Lugo, aos que Xaime Delgado somete a un exhaustivo análise.
Os 9 primeiros traballos que se presentan na obra foran publicados como fichas no Boletín do Museo Provincial de Lugo, entre 1983 e 1989. Tanto estes como os outros 18 de “A Biblia na iconografía pétrea lucense” son ampliados neste volume, resultando 27 estudos profundos sobre aspectos históricos, arqueolóxicos, iconográficos e iconolóxicos das obras analizadas. Continúa publicando Xaime Delgado na revista Lucensia a partires de 1990, e algúns dos seus traballos aparecen tamén na obra “El Románico en Lugo y su provincia”, editada por Edinosa S.L., e no xornal El Progreso. Ademais, a Rivista di Archeología Cristiana, órgao do instituto romano que leva o mesmo nome, publica a análise de Xaime Delgado sobre o sarcófago paleocristián de Santa María de Temes en 1976, e a revista do Consello Superior de Investigacións Científicas, en 1980, publica o traballo sobre o Tetramorfos de Eiré. Así pois, o traballo de Xaime Delgado ten acadado un coñecemento en termos científicos que traspasa as fronteiras de Galiza.
Xaime Delgado Gómez é natural de Taboada, e estudou a carreira eclesiástica no Seminario Diocesano lucense, onde desempeñou varios cargos e impartiu ensino. A mediados dos 70 trasladouse a Roma para estudar no Pontificio Instituto di Archeología Cristiana, onde se licencia nesta especialidade, e publícase a súa tese doutoral, “El complejo de Temes”. Dende o curso 1977-1978 incorpórase de novo ao equipo de formadores e profesionais do Seminario Diocesano de Lugo, e é profesor das materias de Arqueoloxía Cristiá e Patroloxía no Instituto Teolóxico lucense, facultade de Teoloxía da Universidad Pontificia de Salamanca.
En 1983 foi nomeado Comisario Provincial do Patrimonio Artístico, Arqueolóxico e Histórico de Lugo. Desempeñou este cargo até que foi suprimido nas delegacións provinciais, e se creou o de Asesor Cultural da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico. Colaborou na redacción e elaboración do inventario arquitectónico de Lugo e a súa provincia (1981-1982). Desde 1987 é membro do grupo Francisco de Moure de Ourense, e ten varios estudos publicados no órgano oficial de dito grupo, Porta da Aira. Dende outubro de 1994 é membro da comisión diocesana lucense do Patrimonio e a Arte sacra, e en 2005 foi representante do Bispado de Lugo na Comisión Mixta Bispos-Xunta de Galicia para o Patrimonio Histórico e Documental.
Obras analizadas:
I. A Adoración dos Magos na tapa do Sarcófago de Temes
II. O pecado de Adán e Eva na tapa do Sarcófago de Temes
III. O Ciclo de Xonás na tapa do Sarcófago de Temes
IV. O Crismón de Quiroga
V. Un disco granítico coa Coronación da Virxe en Cereixedo (Cervantes)
VI. Cristo azoutado en presenza de Pilato nun capitel de Barbadelo
VII. O Año Divino co “Tetramorfos” na porta norte de San Miguel de Eiré
VIII. O Crismón Trinitario de Santa Cruz de Retorta
IX. O Pantocrátor de Santa Cruz de Retorta e o seu significativo ámbito
X. A Anunciación da porta norte de San Nicolau de Portomarín
XI. O “Cristo Pantocrátor” de Portomarín cos “24 anciáns da Apocalipse”
XII. A Resurrección de Cristo, contada por un Apócrifo, nun capitel de Balboa
XIII. A Adoración dos Reis Magos nun capitel de Balboa (Monterroso)
XIV. A Santísima Trinidade no baldaquino do Museo de Lugo
XV. A Anunciación do baldaquino no Museo Provincial de Lugo
XVI. A Epifanía do Baldaquino no Museo Provincial
XVII. A “Piedade” do baldaquino no Museo Provincial de Lugo
XVIII. A Xesús xa resucitado aclámano os xustos no reino dos mortos. Escena esculturada no despezado baldaquino do Museo Provincial de Lugo.
XIX. Cristo aclamado pola igrexa triunfante e a militante nunha peza marmórea de Monforte
XX. O Tetramorfo da igrexa de San Xiao de Lobios (Sober)
XXI. A Piedade do lintel da porta da Capela de San Pedro de Monforte de Lemos
XXII. A Última Cea do pinxante da porta norte da Catedral de Lugo
XXIII. O banquete do Rei Herodes e a degolación de San Xoán Bautista nun capitel da basílica de San Martiño de Mondoñedo
XXIV. A escena do Rico Epulón e o Pobre Lázaro nun capitel da basílica de San Martiño de Mondoñedo
XXV. O Pantocrátor na porta norte da Catedral de Lugo
XXVI. A Adoración dos Magos da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao)
XXVII. A Árbore de Xesé no tímpano da porta principal da Igrexa de Santa María de Castelo

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo