Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Gómez Besteiro entrega o Plan Estratéxico á Asociación Impulsora do Plan Lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu no seu Despacho ós integrantes da Asociación Impulsora do Plan Lugo a quenes lles fixo entrega dunha copia do Plan Estratéxico que o organismo provincial elaborou en colaboración co Centro de Investigación Económica e Financieira da Fundación Caixa Galicia.

Deste xeito, o máximo mandatario provincial pon a disposición dos membros da entidade o documento co obxectivo de aproveitar sinerxias, xa que ofrece unha visión real e global da provincia, e detecta as fortalezas e oportunidades que transformarán esta provincia nun territorio coa máxima proxección de futuro e onde o 67 Concellos son os grandes beneficiados. Este é o segundo encontro que o Presidente da Deputación mantén cos integrantes da Asociación que ten por obxectivo a cualificación para toda a provincia como zona de insdustrialización prioritaria por parte da Unión Europea. O primeiro fóra en marzo de 2009, coincidindo coa súa súa constitución.

O titular provincial tamén lle ofrecera o Plan Estratéxico ó Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión que os dous dirixentes mantiveron en outubro de 2009 en Santiago de Compostela. O documento engloba ós principais axentes públicos e privados que operan na provincia co fin de promover o seu desenvolvemento económico e social da mesma.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo