Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A mostra Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!, en Arteixo ata o 27 de agosto

Arteixo é o primeiro dos municipios que acolle a exposición itinerante “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!”, unha iniciativa que pretende conmemorar o 125 aniversario da morte da autora de Follas Novas. O Centro Cívico inaugurou hoxe a mostra que permanecerá ata o día 27 de agosto, de luns a sábado, de 9 a 14 horas. Trátase, así, dunha iniciativa que porá a disposición dos visitantes unha serie de modernos paneis onde se fai un percorrido pola traxectoria da escritora galega e que estará viaxando pola Comunidade ata finais de ano.

Entre os municipios que percorrerá a exposición atópanse Boiro, Fisterra, Melide, Padrón, Carballo, As Pontes, Ferrol, Santiago e A Coruña, dez municipios elixidos pola organización da exposición, encabezada pola área de Igualdade da Diputación de A Coruña e en colaboración coa Fundación Manuel María e Mr Misto Films.

Carolina Chávez (Departamento de Prensa de Mr. Misto Films)