A Deputación aforra máis de 73.000 euros ó Concello de Burela co arranxo dun treito da antiga N-642
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ó Alcalde de Burela, Alfredo Llano, adiantou que o organismo provincial aforrará máis de 73.000 euros ó Concello burelés, uns 12 millóns das antigas pesetas, co arranxo dun treito da antiga N-642.
Trátase dunha vía municipal cortada ó seu paso pola Ponte de Perdouro, concretamente no punto quilométrico 44,750, dende o mes de xaneiro. Nesta data, o desbordamento do río dos Matos provocou graves danos na estrada polo que o Concello de Burela púxose en contacto coa Xunta, responsable da canle deste río, para arranxar este vial e restablecer o tráfico. Gómez Besteiro avanzou que “ante a pasividade do Goberno galego, o organismo provincial faise cargo das obras de mellora dunha vía moi transitada ó ser unha das saída de Burela cara Foz en dirección Ribadeo. Esta é a primeira das múltiples actuacións que executaremos en Burela no período 2010-2011 dentro dun novo Plan. A Xunta só está interesada en coordinar porque á hora de facer obras temos que esperar por ela. Esta actuación é exemplo delo”.
Pola súa banda, o Alcalde destacou que “estes traballos xa deberían estar feitos. En xaneiro puxémonos en contacto coa Xunta e quedaron en darlle solución a esta infraestructura pero pasou moito tempo e aquí non fixeron nada. As choivas de xuño provocaron aínda máis desperfectos polo que a Ponte está inservible nun tercio da súa anchura”.
A Deputación aprobará agora un proxecto de mellora que comezará a executar no mes de setembro e que rematará en 2 meses. Deste xeito, o organismo provincial levará a cabo as seguintes actuacións: corte do pavimento; formigonado de soleira 15 centímetros de espesor; colocación dun tubaxe de hormigón e dun muro de escolleira superior ós 500 quilogramos; aglomerado en quente; e sinalización vertical e horizontal.
Plan de Choque
Estes traballos súmanse ó Plan de Choque que puxo en marcha a Deputación para solventar os danos que ocasionaron as choivas de xuño nos 16 Concellos da Mariña. O organismo provincial investiu nesta iniciativa 1,2 millóns de euros, 900.000 no arranxo das vías provinciais e 300.000 nas municipais aforrando deste xeito, outros 50 millóns das antigas pesetas ós municipios.
Neste senso, o Presidente destacou que “á única administración, xunto ó Goberno Central, que rematou o plan de apoio ós Concellos foi a Deputación. Nós cumprimos co acordado cos Alcaldes na reunión de Cervo e en 40 días completamos o Plan de Choque que executamos ademais en municipios de todas as cores políticas sen facer distincións. O PP é o partido das miles promesas. En 2008 esixían no Vicedo que a VAC estivera lista en 2011. Hai un ano e medio que están no Goberno e retrasan esta infraestrutura ó 2017 cando esta prevista para 2013. Este é o seu dobre xogo”.
O máximo mandatario provincial incidiu en que “todas as obras nas vías provinciais están dentro do prazo de execución, a única obra que sofre atraso é o arranxo da Ponte de Arante en Ribadeo”. Ó respecto, explicou que a Deputación segue a espera do permiso da Xunta para acometer estes traballos malia entregar xa no mes de xullo o proxecto e en agosto un documento reiterando o estado ruinoso desta infraestrutura e a necesidade, por seguridade dos seus usuarios, de derribala e construír unha nova ponte.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo