Cea transformarase nun gran escenario durante o I Festival Internacional de Orquestras de Galicia
A localidade ourensá de San Cristovo de Cea transformarase nun gran escenario para acoller a celebración do primeiro Festival Internacional de Orquestras de Galicia (FIOU), organizado por Xacobeo 2010 en colaboración co Concello de Cea e a Deputación de Ourense. Once orquestras de todo o mundo e varios DJs farán soar a música desde o mediodía ata o amencer nun pioneiro festival que combina o espírito das festas populares co formato dos grandes macroeventos musicais contemporáneos e que quere converter Cea no epicentro musical das orquestras de baile, un fenómeno que en Galicia conta con miles de seguidores de todas as idades e que xoga un papel imprescindible na conservación e transmisión do legado musical e das tradicións populares.
O programa de FIOU foi presentado esta mañá en Ourense nunha rolda de prensa á que asistiron o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás; o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar; o alcalde de Cea, José Luis Valladares, e o director de FIOU, Marcos Lorenzo. Na súa intervención, Ignacio Santos destacou que “esta iniciativa contribuirá á revitalización e dignificación das verbenas populares, que contan cunha longa tradición na historia de Galicia e que atesouran parte da cultura musical e de ocio da comunidade”.
O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo tamén asegurou que na programación deste Xacobeo 2010 “non podía faltar un evento dedicado ás orquestras de baile, que son un fenómeno cunha magnitude de primeira orde en Galicia, non só pola súa significación no patrimonio cultural e social galego, senón porque constitúen un fenómeno cunha repercusión económica, social e cultural que move a máis galegos que ningunha outra manifestación cultural”.
A programación de FIOU servirá para tender pontes para o diálogo entre culturas, xa que, ademais dalgunhas das mellores orquestras galegas, como Sintonía de Vigo, Olympus ou Philadelphia, no Festival Internacional de Orquestras de Galicia haberá tempo para ver en directo a formacións latinas como os Billo’s Caracas Boys ou Los Melódicos, con ducias de cancións que levan décadas no repertorio das verbenas galegas. Participarán tamén bandas chegadas de Francia e o Magreb, Estados Unidos e Sicilia, que levarán a Cea a experimentación e os sons máis innovadores. O venres e o sábado despois da actuación das orquestras haberá festas con música de baile a cargo de varios djs, e o sábado e o domingo, ademais das actuacións nocturnas, non faltará a tradicional sesión vermú.
Actividades paralelas
Cea transformarase nun gran escenario para acoller este festival que quere contribuír a dar pulo ao interior de Galicia. Toda a vila está preparada para recibir aos milleiros de persoas que se acheguen ata alí, que disporán de acampada gratuíta con todos os servizos (previa inscrición en na páxina fiou.xacobeo.es) e amplas zonas de aparcamento.
Ademais de gozar da programación musical, poderán visitar un mercado de artesanía e produtos locais ou unha exposición na que se recolle a historia das orquestras de Galicia, Tamén poderán escoitar en boca dos seus protagonistas algunhas das lembranzas e anécdotas dos músicos galegos, no Coloquio da Experiencia que moderará o sábado ás seis da tarde Xosé Manuel Piñeiro. Ao día seguinte á mesma hora terá lugar o Coloquio do Encontro, presentado por Xurxo Souto, no que se falará da situación empresarial e a vivencia de diferentes sectores das orquestras en diversas partes do mundo. Tamén se gravará un vídeo documental que recollerá o mellor das actuacións e entrevistas con algúns dos protagonistas de FIOU.
Programa dos coloquios
Coloquio da experiencia
Sábado, 4 de setembro, 18 horas
Praza do Santo Cristo, Cea
Moderado por Xosé Manuel Piñeiro, falarán:
• Pili Pampín, artista galega cun no repertorio de baile
• Nonito Pereira, xornalista e crítico musical
• Pepe Chiné, trompetista e músico recoñecido
• Joaquín García, fundador da orquestra París de Noia
Coloquio do encontro
Domingo, 5 de setembro, 18 horas
Praza do Santo Cristo, Cea
Moderado por Xurxo Souto, intervirán:
• Isabel Moya, mánager da orquestra Los Melódicos
• Javier Arca, representante comercial da carteira de Espectáculos Lito
• Cinazo Núñez, propietario e director musical de El Combo Dominicano
• Carlos Barandela, propietario de Zouma Récords e Ciba Producciones de Ourense

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia