O Carballiño (Ourense) acolle o VII Fetega entre o 7 e o 10 de setembro
O.director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Franciso López, cualificou o Festival de Teatro Galego do Carballiño FETEGA como “unha cita de referencia dentro da escena galega”, da que destacou o “grande impulso dado, ano tras ano, para que poidamo gozar de novas propostas, para atraer público novo e tamén para espallar a nosa proución a outras comunidades e a outros países”.
Na presentación de FETEGA 2010, que alcanza este ano a súa sétima edición, Francisco López recoñeceu asemade a capacidade do festival para unir nas súas representacións “a calidade e espíritu de crear unha expresión propia”. Neste sentido, o director xeral de Cultura falou do “camiño esperanzador” marcado pola traxectoria do teatro galego, onde “podemos recoñecernos na nosa personalidade, xa falemos de Cunqueiro, de Castelao, de Vidal Bolaño ou de calquera dos magníficos creadores que fomos dando no transcurso do tempo, e que iluminaron a escena con personalidade propia”. “Desde aquí podemos sentirnos moi satisfeitos da altura e do nivel do noso teatro”, sinalou.
Neste sentido, Francisco López lembrou a conmemoración de 2010 como Ano do Libro e da Lectura, no que a colaboración da Xunta de Galicia vén a subliñar “a categoría da nosa escena para continuar nos lugares referenciais do teatros e a necesidade de congregar os apoios”. “Con esta nova edición de FETEGA non só amosamos as nosas posibilidades de creación, senón que ao mesmo tempo abrimos as portas a novas formas de ver a realidade”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia