Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Gómez Besteiro destaca a aposta da Deputación de Lugo pola economía sostible

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou na inauguración da cuarta edición do congreso ForestSat 2010 “Ferramentas operacionais para o sector forestal en sectores remotos” que se desenvolve dende hoxe ata o 10 de setembro, e que reunirá en Lugo a preto de 200 persoas de 32 países. Durante o encontro, Gómez Besteiro destacou a aposta do organismo provincial pola “economía sostible, a mesma que o Presidente do Goberno de España resumiu como menos cemento e máis coñecemento. Quen coñecía a Deputación hai tres anos e a intenta recoñecer hoxe comprobará o xiro de 180 grados que lle demos neste senso”.

O titular provincial sinalou que o obxectivo da institución que preside é desenvolver económica e socialmente a provincia, apostando por proxectos destinados a converter o medio ambiente na oportunidade económica da provincia. Deste xeito, puxo como exemplos os programas europeos Lug02 – a través do que se desenvolve un XIS (Sistema de Información Xeográfica), se asesorou a xóvenes investigadores para constituir empresas de alimentación, se profesionalizou o turismo rural e medioambiental ou mesmo se executaron medidas para diminuir os impactos da carga gandeira-, o Pacto Provincial polo Emprego –co que se insertarán profesionalmente 540 desempregados da provincia-, e o Innova-TE –destinado a implantar a administración electrónica-.

Ademais do Presidente, no encontro tamén participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, e outros cargos universitarios.

80 ponencias orais

Durante a celebración de ForestSat expertos investigadores presentarán e disertarán sobre as técnicas e métodos de teledeteción que permiten a mellora da xestión forestal e do territorio. En total, realizaranse 80 ponencias orais. Ademais, co motivo do Xacobeo, o 10 setembro está programada unha visita turística a Santiago de Compostela; cidade declarada en 1985 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

No congreso, que está organizado polo grupo de investigación e docencia do Laboratorio do Territorio (LaboraTe), a Universidade de Santiago Compostela e o Forest Research (Centro de Investigación Forestal situado en Edimburgo, presentaranse ferramentas de captura de información de datos xeoespaciais aplicados ó sector forestal e daranse as claves para mellorar a accesibilidade á información a través de novas técnicas cartográficas. Tamén se avaliará a densidade arbórea existente e se debaterá sobre os beneficios da biomasa e das enerxías renovables.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo