Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Palas de Rei celebra o XV Festival de Danza Tradicional e inaugura a Praza de Cuiña

A praza do Concello de Palas de Rei acolleu o X V festival de danza tradicional a partires das 17:30h. Numerosos veciños e afecionados a danza contemplaron as actuacións de:

- Grupo de Danzas Pico de San Vicente de Ramales de la Victoria(Cantabria)

- Escola de Musica e Baile As Mariñas (de CAMBRE)

- Asociación Cultural O Palacio do Rei (de Palas de Rei)

Tamén tivo lugar na parroquia palense de Cuiña a inauguración oficial da Paza Púbica de Cuiña. Ó Acto acudiron ó redor de 100 veciños da zona acompañados polo Alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado e do Primeiro Tenente de Alcalde Pablo Taboada.

O Alcalde, Fernando Pensado, aproveitou para valorar o resto das Obras que consisten na apertura do acceso a Plaza e acondicionamento dunha área verde que contempla mesas, asadores e contribue a recuperación medioambiental da zona.

Neste acto tamén conto coa presenza de autoridades como: o Alcalde de Palas de Rei, o Primeiro Tenente de Alcalde de Palas de Rei e da Primeira Tenente de Alcalde de Cantabria (Dolores).
Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei