Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Xornadas: A xestión dos residuos na Galiza e na UE

Estas xornadas abordan a situación actual da xestión de resíduos no marco da UE, con concrección en experiencias do noso contorno, como Catalunya, e especialmente en Galiza.
O funcionamento e resultados dos planos de compostaxe e reciclaxe postos en marcha en Galiza (Nostián, Barbanza) serán comparados co denominado ambito SOGAMA. Aliás, será presentado e debatido o novo Plano de Xestión do Lixo en Galiza (2004-2010) en elaboración pola Consellaría de MA, actualmente en fase de borrador, e a xestión do lixo na bisbarra coruñesa. As visitas á SOGAMA a Nostián completan o programa técnico.
PROGRAMA
Xoves 21
10:00 H. A XESTIÓN DO LIXO EN GALIZA EN RELACIÓN COA NORMATIVA DA UE
Manuel Soto Castiñeira, Profesor Titular de Enxeñeria Química da Universidade da Coruña
10:45 H. USOS DO COMPOST E PAPEL DA MATERIA ORGÁNICA NOS SOLOS. A SITUACIÓN
GALEGA. María Teresa Barral, Profesora de Edafoloxia da Universidade de Santiago
11:30: DESCANSO
12:00 H. O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DA MANCOMUNIDADE SERRA DO BARBANZA. Marta Dominguez, Planta da Mancomunidade Serra do Barbanza - FCC
12:45 H. O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE NOSTIÁN. Daniel Otero, Xerente de Albada
13:30: DEBATE
16:00 H. Visita guiada ás instalacións de Nostián (A Coruña)
18:30 H. PARTICIPACIÓN CIDADÁ NA RECOLLIDA SELECTIVA: O CASO DE A CORUÑA E O
CONSORCIO DAS MARIÑAS. Ricardo Garcia Mira, Profesor de Ciéncias da Educación, Universidade da Coruña
19:15H. A compostaxe caseira como experiencia de EA comunitaria no marco da xestión dos RSU. Ramsés Pérez, Pedagogo e educador ambiental. Asociación ADEGA

Venres 22
10:00H. PROXECTOS DE COMPOSTAXE EN PEQUENOS NÚCLEOS. Carlos Pérez Losada. Dpto. de I+D de Ros Roca
10:45H. AVANCES NA RECOLLIDA SELECTIVA E A RECICLAXE EN CATALUNYA. Francesc Giró i Fontanals, Agencia de Residus de Catalunya (pendente de confirmar)
11:30 H Descanso
12:00 H. O PLAN XESTIÓN DE RESÍDUOS URBANOS EN GALIZA 2004-2010. José Manuel Álvarez-Campana, Director de Calidade e Avaliación Ambiental.Conselleria de MA, Xunta de Galiza.
12:45 H. MESA REDONDA: a xestión do lixo na Área Metropolitana de A Coruña. Florencio Cardador (Concelleiro de MA de A Coruña), Julio Sancristán (Presidente do Consorcio de As Mariñas) e José Manuel Álvarez-Campana (Director de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galiza).
16:00 H. Visita guiada ás instalacións de SOGAMA (Cerceda).
19:00 H. CLAUSURA

ORGANIZA:
Dpto. de Química Física e Enxeñeria Química I. Facultade de Ciencias. Universidade da Coruña.
Coordenadores: Isabel Ruiz e Manuel Soto. Universidade da Coruña
COLABORAN
Vicerrectorado de Extensión Universitaria e Comunicación. Universidade da Coruña,
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galiza, ADEGA, CEIDA, CONCELLO DE A CORUÑA, ALBADA, SOGAMA, FCC, ROS ROCA
Adega