Presentadas as Escolas de Predeporte e Prebasket do CB Estudiantes-Fundación Balogal

Na súa intervención, Antón Bao destacou que “estas actividades permite atraer aos nenos e nenas de máis curta idade cara a práctica do deporte, ademais de socializar con outros da súa idade”. Para Antón Bao, desde a Área de Deportes da Deputación marcouse un traballo a seguir, compartido coa Fundación Balogal, “de continuar promovendo que teñan posibilidade de actividades distintas e facilitar a todos os nenos e nenas o acceso ao deporte e ao baloncesto como un elemento tamén fundamental de formación, saúde e alternativas”.
Pola súa banda, Cristino Menor, indicou que este ano seguramente se incrementará moito o número de nenos e nenas que participen nestas actividades xa que este verán, estas mesmas actividades que se desenvolveron nas chamadas Mañás provinciais – Móvete con nós, foron un completo éxito. De feito, Cristino Menor resaltou que incluso houbo xa demanda por parte de moitos dos pais e nais dos cativos que participaron nas actividades de verán, polo que de seguro que repetirán durante o curso.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo