A exposición Elas fan Camiño, en Palas de Rei
O Centro de Información a Muller do Concello de Palas de Rei en colaboración coa Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia últiman os detalles do acollemento na Vila de Palas de Rei da exposición itinerante “Elas Fan Camiño” que dende o mércores 6 de outubro estará exposta nunha das Salas do Centro Comarcal da Ulloa (ubicado en Palas de Rei).
A exposición “Elas Fan Camiño” rinde homenaxe ás mulleres peregrinas e a todas aquelas que participaron na conservación e na promoción do Camiño de Santiago ao longo da historia. Téntase, así, de dar protagonismo ás mulleres no Camiño, querendo lembrar esta mostra o papel que desde o principio da peregrinación en Galicia, a través dos camiños a Santiago, xogaron moitas mulleres, tanto mulleres coñecidas e famosas como mulleres anónimas que chegaron ata Santiago percorrendo con dificultades os camiños para pregar ante o Apóstolo.
Son moitos os exemplos de mulleres peregrinas que esta exposición presenta, desde Exeria, a primeira peregrina galega, que fixo unha viaxe a Xerusalen e Terra Santa no século IV, deixándonos unha testemuña das súas vevencias, ata as peregrinas de hoxe, que viven o Camiño como unha experiencia inesquecible de atoparse consigo mesmas.
A exposición dividese en tres eixos:
- Unha primeira parte, Elas Fixeron Camiño, nos retrotrae á longa tradición das rutas de peregrinación e a presenza de mulleres nelas dende diferentes perspectivas.
- A segunda sección, Elas Marcaron o Camiño, mostra a importancia da espiritualidade na tradición Xacobea, vínculo entre o pasado e o presente, a través da devoción femenina e a estendida presenza do culto mariano no Camiño.
- A última parte da exposición, Elas Fan Camiño, céntrase no Camiño de Santiago actual, onde o protagonismo das mulleres é indiscutible. Son protagonistas mulleres con nome e apelidos escollidas segundo a súa implicación e funcións ao longo das rutas galegas a Santiago, que forman parte esencial dos Camiños a Compostela.
Palas de Rei, localidade pola que transcorren dúas rutas de peregrinaxe a Compostela como son a Francesa e a Primitiva acollerá, en plena ruta Francesa, dende o día 6 ata o 20 de outubro esta exposición “ Elas Fan Camiño”.

Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei