Gandeiros de Colombia interésanse polo proxecto da Deputación e de ACRUGA para expandir a Rubia Galega
O Deputado de Gandeiría, José María Arias, e o Presidente de ACRUGA, César Dorado, participaron na visita que realizaron á Granxa Gayoso Castro gandeiros e empresarios de Colombia para comprobar as características da Rubia Galega co obxectivo de cruzala coas razas autóctonas e de introducila no seu país, así como de coñecer as distintas iniciativas que o organismo provincial ten en marcha para impulsar o sector agrogandeiro en Lugo.
Neste senso, os gandeiros amosaron o seu interese polo Centro de Recría que a Deputación construirá en Castro de Rei unha vez que a Xunta conceda os permisos necesarios, e polo de Rubia Galega que leva funcionando no mesmo lugar dende 2007. O Deputado de Gandeiría subliñou que “no prazo de 10 días enviarémoslle á Consellería de Medio Ambiente nova documentación para que nos den o informe de calidade ambiental e así iniciar as obras no menor tempo posible. É necesario que a Xunta actúe con rapidez, xa que se trata do proxecto máis revolucionario levado a cabo no campo nas últimas décadas en Galicia. Ademais, permitirá aforrar cartos ós gandeiros e impulsar este sector na provincia”.
A visita forma parte do programa que está a desenvolver a comitiva polo norte de España co obxectivo de coñecer varias razas como a Rubia Galega e a Asturiana de los Valles. Trátase de identificar recursos xenéticos para cruzar as razas criollas romosinuano e o costeño con cornos e obter unha maior calidade na produción cárnica.
Colombia e Venezuela
Un total de 15 persoas formaron a comitiva que visitou as instalacións provinciais de Castro de Rei. Entre elas, atopáronse empresarios e gandeiros procedentes de diferentes puntos do país como Bogotá, Medellín ou Ibagué, ademais de Caracas e Valera, en Venezuela. No encontro tamén participaron o ex presidente da Federación Colombiana de Gandeiros (FEDEGAN), o ex gobernador do departamento de Cundinamarca e ex embaixador de Colombia en Rusia durante o Goberno do Presidente Álvaro Uribe. Logo da visita á Granxa Gayoso, desprazáronse á unha explotación gandeira de Adai. O programa rematou cun percorrido pola nave de testexe de futuros sementais que ACRUGA ten nesta parroquia do Corgo.
Outro proxecto de cruce da Rubia Galega en Brasil
No mes de marzo outro grupo de gandeiros de Brasil tamén se desprazaran ás instalacións da Deputación para acadar un fin semellante. Dende 2007 explotacións gandeiras de tres Estados brasileños diferentes: São Paulo, Goias e Mato Grosos, están empregando, en colaboración con ACRUGA, semen de raza rubia galega como raza paternal para o seu cruce coa autóctona brasileña, a nelore, por medio dun grupo empresarial denominado Pão de Azúcar, que conta con máis de 600 centros comerciais distribuídos por todo o país.
A través deste sistema e logo de que a comercialización de semen de Rubia Galega e de que as relacións con ACRUGA comezaran hai unha década, o grupo líder neste país na comercialización de xenética desta Raza e da frisona, GMG, hai 5 anos chegou ás 20.000 cabezas. Na actualidade, contan cunhas 60.000 reses cruzadas e, en 2011, agardan chegar a máis de 100.000.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo