Inaugurada a mostra de Luís Moscardó: Un ceo de farrapos
Antón Bao asistiu ao acto de inauguración da mostra de Luís Moscardó “Un ceo de farrapos”, acto ao que tamén asistiron a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, ademais de Luís Moscardó, o propio artista, pintor valenciano vinculado coa Terra Chá luguesa. A mostra, que permanecerá na sala de exposicións da Deputación de Lugo desde hoxe ata o vindeiro 12 de decembro, está composta por ao redor de medio centenar de collages que se complementan con versos de Margarita Ledo Andión e de Luis Pimentel.
Antón Bao voltou a agradecer a Luis Moscardó o esforzo e o traballo, e deulle os parabéns por axudar ao público a “reler e comprender a Pimentel e por ofrecernos este anovador rostro da súa poesía, unha poesía que Fole definía como fonda, un tanto angustiada, envolta en luz melancólica”.
Luís Moscardó parte da observación, dunha percepción sensitiva e sensorial do mundo e da vida e do cambiante da paisaxe e constrúe un mundo visual de imaxes que se debuxan para intentar de novo ser algo que xa foron. O pintor dálle imaxe á poética pimenteliana a través da súa propia experiencia, constituíndo as súas obras un corpo común de unión entre os dous autores. A fascinación que a obra de Luís Pimentel produciu en Luis Moscardó fixo que esta se reflectise na súa produción artística como inspiración, motivo e pretexto. A relación da literatura coas artes plásticas é unha constante ao longo da historia, e na mostra de Luis Moscardó tamén se afonda nesta unión. As obras aparecen vinculadas aos versos de Pimentel nun xogo de imaxes e palabras que se sosteñen mutuamente e que proporcionan unha visión nova e orixinal ao público que se achegue a visitala. Dentro da produción artística de Moscardó existe unha inspiración oriental e unha poética de aparencia sinxela pero sempre complexa en simbolismos, que impregna a súa obra e que queda tamén patente nesta nova e inédita serie.

Gabinete de Comunicación do Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo