O Executivo ampliará os investimentos en Lugo e Ourense co Plan Impulsa
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/plan_impulsa_lugo.jpg)
Deste xeito, o responsable do Executivo autonómico, explicou que dos 12 millóns de euros no presuposto de 1010 pasarase a 26,7 millóns de euros no presuposto de 2011. “O Plan Impulsa Lugo –dixo- está funcionando, e vamos a potencialo e a multiplicar por dous os presupostos concretos no ano 2011 fronte ao ano 2010; é dicir, 26,7 millóns de euros fronte ao presuposto do ano 2010 de 12 millóns de euros, o que significa que podemos seguir xerando investimentos que buscan o mantemento e a creación de emprego”.
Así mesmo, o presidente da Xunta, que presidiu, na Delegación da Xunta en Lugo, a comisión de seguimento do Plan, reiterou que, antes de que finalice o ano, presentarase o Plan Estratéxico da provincia, “un plan estratéxico de desenvolvemento económico e social para a provincia que era –recordou- un dos compromisos do Plan Impulsa”.
Feijóo, lembrou que o obxectivo do Plan Impulsa Lugo non é outro que facer unha discriminación positiva para captar investimentos na provincia; “de xeito que, todos aqueles emprendedores que queiran investir na provincia de Lugo, teñen unha subvención máxima que pode chegar ata o 50% do investimento”.
Por último, afirmou que “nos últimos meses e a medida que se coñece este plan se están presentando máis axudas, máis proxectos e se está xerando máis investimento; o cal significa –concluíu- que o Plan Impulsa Lugo funciona, o que nos anima a seguir”.
a comisión de seguimento do Plan Impulsa Ourense
O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou en Ourense que a Xunta multiplicará por tres as partidas orzamentarias previstas para incentivar a través do Plan Impulsa aos emprendedores “a que inicien proxectos, a que creen emprego e a que monten empresas na provincia”. “O Plan Impulsa Ourense –dixo-, está empezando a dar froitos e, hoxe, podemos acreditar que hai un investimento de 47 millóns de euros, que supón unha creación de 260 postos de traballo; o que significa, que non só vamos a manter o Plan Impulsa nos presupostos do ano 2011 senón que vamos a multiplicar por tres as súas partidas orzamentarias”.
Deste xeito, o titular da Xunta explicou que “dos 9 millóns de euros nos presupostos do ano 2010 pasaremos aos 24 millóns de euros que serán aprobados mañá, no Consello da Xunta, cando demos o visto e prace aos presupostos do ano 2011, multiplicando por tres as contías para subvencionar a fondo perdido ou parcialmente a todos os emprendedores que queiran instalar unha empresa ou que queiran ampliar a súa empresa en toda a provincia de Ourense”.
Feijóo, que presidiu, na Delegación da Xunta en Ourense, a comisión de seguimento do Plan, matizou que este presuposto será “un presuposto de mínimos” dE tal xeito que, “se hai máis solicitudes e eses 24 millóns de euros non foran suficientes, -aseverou- ampliaremos ese crédito”. Segundo explicou, o compromiso durante toda a lexislatura é que “Ourense e Lugo, Lugo e Ourense sexan os lugares onde haxa a maior discriminación positiva, onde haxa as maiores subvencións; ata o 50% da subvención a fondo perdido para todos aqueles que queiran investir nestas provincias”.
Por último, o presidente da Xunta referiuse aos datos de subvencións a fondo perdido como proba de que realmente hai unha discriminación positiva a favor da provincia. E neste sentido, lembrou que “mentres a media de subvencións a fondo perdido en toda Galicia está no 14%; en Ourense, nestes primeiros meses, estamos xa por riba do 24%, é dicir, un 63% máis de subvencións a fondo perdido na provincia que na media de Galicia”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia