Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A extracción do fuel do Prestige: un éxito con sombras

Nembargante, tampouco queremos deixar de facer tres consideracións de importancia que poden eclipsar este éxito e que deben ser obxecto de traballo por parte das autoridades.
1.- Segue a haber fuel do Prestige no noso litoral. Ben é certo que se estivo a facer unha importante labor neste eido, pero aínda son moitos os restos que se poden apreciar e mesmo hai algunha área á que actualmente chega fuel como a praia do Rostro en Fisterra, o que significa un grave problema de contaminación crónica.
2.- As consecuencias da contaminación por fuel, 22 meses despois do primeiro verquido comezan a facerse patentes polo que non se pode dar o problema por pechado.
3.- Por último, unha cuestión de alcance, tal e como quedou demostrado no pasado mes de agosto, as costas galegas seguen completamente desprotexidas fronte a verquidos ben de caracter accidental e catastrófico, ben fronte a verquidos intencionados por parte de buques en tránsito, os famosos sentinazos. Neste senso non hai artellado ningún sistema de vixilancia para apresar a posibles infractores, ao contrario do que ocorre en Francia, onde se levan apresados diferentes buques nos últimos meses. Entendemos que é fundamental poñer os medios para impedir a contaminación do mar e que, logo da propaganda por parte das autoridades política, teñen que vir os feitos. O grave é que pasado o momento de alarma non hai a penas voces que chamen a atención deste feito (¿qué din os orzamentos do Estado ao respecto? ¿segue sen contemplarse dentro do nefasto Plan Galicia?).
Adega