A aula itinerante do Innova-TE foi visitada no San Lucas de Mondoñedo por 20.000 persoas

20.000 persoas pasaron pola carpa, que non deixou de recibir visitantes durante todas as festas. O sorteo de material tecnolóxico recaeu en Luis Santamarina Portela, gañador dun ebook, de 10 anos e veciño de Lourenzá; e Mario Rubal López, gañador dun netbook, de 6 anos e procedente de Cervo.
A aula formativa de 230 metros cadrados, cor vermella e forma de @, estivo dende o 16 ó 18 de outubro na praza da Catedral de Mondoñedo cun amplo horario de atención ó público: de 12:00 horas a 14:30 e de 16:30 ás 22:00 da noite.
A próxima acción de formación do Innova-TE será a finais de novembro na “Ludus Party”, un encontro dos afeccionados da informática no que a Deputación colaborará para que os participantes coñezan a “chave” da e-administración e poidans realizar algúns dos 120 trámites que lles ofrecerá o Innova-TE.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo