Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O grupo Jim Sports centra a súa posible ampliación no parque empresarial palense

O Grupo JIM SPORTS baralla agora a posibilidade de unha nova ampliación da súa nave en Palas de Rei adquirindo toda a superficie ampliada do Parque Empresarial Palense (sobre uns 30.000 metros cadrados).

O Grupo JIM SPORTS reune a un conglomerado de empresas dedicadas a fabricación e comercialización de material deportivo en todo o mundo.

De materializarse dita ampliación no Polígono Palense o Grupo JIM SPORTS pasaría a converter ao Parque Empresarial de Palas de Rei en un dos centros loxísticos deportivos máis importante de España.

La inversión todavía sin cuantificar superaría ampliamente os 10 millóns de euros e localizaría aproximadamente 50 postos de traballo na futura ampliación.

JIM SPORTS, grupo puntero na fabricación de material deportivo de todo tipo, é todo un referente no mundo deportivo a nivel mundial, culminaría así o seu asentamento definitivo no Polígono Palense.

O martes 19 de outubro o responsable do Grupo JIM SPORTS, Jesús Manuel Graña, reuniuse co Primeiro Tenente de Alcalde e Alcalde en Funcións do Concello de Palas de Rei de Rei, Pablo Taboada Camoira, no Parque Empresarial donde aprobeitaron para comprobar in situ os terreos de citada ampliación. Dita reunión sellouse co acordo de construcción dun novo Parque Biosaludable no Polígono Palense, sin cargo algún para o Concello, no que o Grupo JIM SPORTS comprométese a aportar os aparatos necesarios para o seu equipamento mentres que o Concello de Palas aporta a mán de obra para a súa instalación.
Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei