Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Concello de Palas de Rei elaborará un Itinerario de Coordinación entre as institucións con competencias nos casos da violencia de xénero

O Concello de Palas de Rei, a través do Centro de Información á Muller (CIM), e co cofinanciamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, atópase inmerso desde hai varias semanas, na elaboración dun itinerario de coordinación interinstitucional para os casos de violencia de xénero no municipio, co fin de garantir que as vítimas de delitos de violencia de xénero dispoñan dunha actuación rápida, eficaz e coordinada.
O mencionado proxecto foi obxecto dunha subvención pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, segundo a Resolución do 23 de abril de 2010, publicada no DOG, número 80 de data de 29 de abril de 2010, onde se fai pública unha convocatoria de axudas destinadas a entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e coa prevención e o tratamento contra a violencia de xénero.

A finalidade do Itinerario é a de mellorar os mecanismos existentes de comunicación e de coordinación entre os profesionais dos distintos ámbitos de actuación (policial, sanitario, xurídico e social), permitindo deste xeito, unha atención integral en cada caso, así como o establecemento de pautas de actuación estruturadas e homoxéneas máis efectivas na intervención coas mulleres vítimas de violencia de xénero.

Este Itinerario de Coordinación Interinstitucional en Materia de Violencia de Xénero pretende promover o establecemento de estruturas de coordinación e cooperación interinstitucional para unha mellor abordaxe desa lacra social que é a violencia de xénero, dirixidas a prevención, detección e intervención eficaces, na loita contra a violencia de xénero e protección ás mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes.

En Palas de Rei de Rei crearáse unha Comisión técnica para coordinar as institucions implicadas na prevención e na loita contra a violencia de xénero en colaboración coa Policia Local, Guardia Civil, Protección Civil, Centro de Saúde, Institucións educativas,… Entre as actuacións de esta Comisión figuran as da realizacións de reunións periódicas, a posta en marcha de protocolos específicos todo coa intención de establecer pautas de actuación para garantir unha atención integral ás víctimas de este tipo de violencia e poñer en práctica mecanismos interrelacionados para facer máis efectivas as medidas de protección integral.

Ademais no mes de novembro, tense previsto, desenrolarar unha Xunta Local de Seguridade para a constitución da Mesa de Coordinación para a mellora de atención a victimas de violencia de xénero na que participarán o Concello de Palas de Rei: Servicios Sociais, Centro de Información a Muller, o Xefe local de Sanidade en representación do Centro de Saude de Palas de Rei, a Subdelegación de Goberno a través da Xefa da Unidade de violencia contra a muller, Garda civil e policia local, representantes da Administración de Xustiza e os Orientadores Escolares dos Centros de Educación Primaria e Secundaria sendo o obxetivo fundamental desta Mesa mellorar a atención integral que suscita a problemática da violencia contra as mulleres.

Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei