Cultura colabora na difusión da figura de Valle Inclán
A Consellería de Cultura e Turismo colabora coa Fundación Valle Inclán na exposición na Casa do Cuadrante de Vilanova de Arousa, Iconografías valleinclanas: Primeiras visións, froito do convenio de colaboración asinado entre ambas institucións para a realización de actuacións relacionadas coa figura do escritor. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, manifestou este serán na presentación da mostra, o desexo de que “sexan cada vez máis as actividades que, como esta, contribúan a divulgar o coñecemento da obra e da personalidade do noso artista máis universal”.
A inauguración contou asemade coa presenza do presidente da Fundación Valle Inclán, Xerardo Fernández Albor, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán. Segundo o director xeral, a mostra inscrita no programa Congreso Valleinclaniano, “ten o acerto de combinar traballos plásticos de artistas da zona do Salnés como Manolo Paz, Vitor Mejuto, Miguel Piñeiro, Lucas Míguez e Xurxo Alonso con fragmentos da obra literaria de Valle-Inclán elixidos por cada creador, nunha fermosa harmonía onde cada elemento se reinterpreta e eleva a súa expresividade”.
Francisco López destacou asemade “a pequena selección das caricaturas de Valle” que forman parte dunha mostra que itinerará nas cidades vencelladas á figura de Valle Inclán como A Pobra, Pontevedra, Cambados e Santiago. O director xeral incidiu na importancia da localización da exposición, sita na Casa do Cuadrante, “que viu nacer e pasar os primeiros anos ao escritor, onde prenderon os primeiros recordos que Valle Inclán converteu en literatura”.
En verbas do director xeral, “poucos autores foron capaces de amosar ese xeito tan propio de seren os galegos, a combinación harmónica e gozosa de amor e morte”. Francisco López gabou a vida e obra dun escritor que “transita entre os opostos con naturalidade e mirando sempre un pouco máis aló dos convencionalismos”.
Coñecemento da obra de Valle Inclán
Dentro das actividades enmarcadas na programación establecida pola Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Valle Inclán, para impulsar o coñecemento da obra literaria do escritor, atópanse a edición da revista Bradomín, unha publicación periódica de interese valleinclano, a publicación dun libro relacionado coa bibliografía de Valle Inclán e actuacións da Escola de Teatro Valle Innova para a posta en marcha de obras valleinclanistas expandindo a obra por todos os concellos das catro provincias de Galicia. Destaca asemade, a colaboración co Congreso Valleinclano, actividade da que forma parte a exposición ‘Iconografías valleinclanas: Primeiras visións’, que hoxe se inaugura.
Segundo o convenio para a realización conxunta destas actividades, a Consellería comprométese a achegar á Fundación Valle Inclán a cantidade de 25.000 euros. A Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Valle Inclán inscriben esta colaboración na realización de distintas actividades relacionadas coa obra de escritores galegos de recoñecido prestixio nun ano 2010 marcado polo caracter Xacobeo e pola declaración como Ano do Libro e da Lectura.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia