Presentouse en Lugo a exposición dos Fondos do Museo do Prado

A exposición articúlase en torno a tres bloques coincidentes co catálogo do Museo do Prado. No primeiro reuníronse as obras pertencentes á Colección Real, que son parte dunhas obras acumuladas polos reis de España e que Fernando VII expón publicamente por primeira vez no 1819. Despois da morte deste monarca, o temor a unha división das coleccións entre as dúas herdeiras, -Isabel II e Luísa Fernanda-, fará que a colección se adscriba á Coroa en 1865 e que tres anos máis tarde se decrete a súa propiedade estatal, pasando a denominarse “Museo Nacional” en vez de “Museo Real”. Nun segundo bloque están as obras que se inclúen no inventario de Novas Adquisicións, que recolle as doazóns, legados e adquisicións feitas polo Museo do Prado. Por último, o terceiro apartado esta destinado a expor as obras procedentes do antigo “Museo Nacional de Arte Moderna”.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo