Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Desde o informalismo ao multicolor, retrospectiva de arte español desde os anos 50

A mostra Desde o informalismo ao multicolor, incluída dentro do ciclo expositivo Miradas, ofrecerá no Café Moderno de Pontevedra, sede da Fundación Caixa Galicia, ata o 30 de xaneiro unha selección de pintura e escultura da colección Caixa Galicia de vinte artistas españois, entre os que destacan nomes como os de Antoni Tàpies, Jorge Oteiza ou Miquel Barceló. Na inauguración de Desde o informalismo ao multicolorparticiparon o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos; a subdirectora de Programación da Fundación Caixa Galicia, Rosario Sarmiento Escalona, e o comisario Alfonso de la Torre.

A exposición, que está incluída dentro da programación conxunta de Caixa Galicia e Xacobeo 2010 e que conta tamén co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, está comisariada por Alfonso de la Torre, crítico especialista no arte español desde os anos cincuenta, quen nesta mostra propón unha revisión de algunhas das pezas máis significativas do período que vai desde 1957 aos nosos días a través de varios exemplos sobresaíntes.

A mostra está dividida en dúas seccións. Na sala número un amósase a primeira sección da exposición, Desde o informalismo..., para, desde aí, pasar á sala dúas ao multicolor. A primeira sala recolle obras e artistas que traballaron principalmente a partir dos anos cincuenta: Rafael Canogar, Eduardo Chillida, Manolo Millares, Lucio Muñoz, Jorge Oteiza, Manuel Rivera, Antonio Saura, Antoni Tàpies e Manuel Viola.

Na segunda sala expóñense obras de Miquel Barceló, José Manuel Broto, Miguel Ángel Campano, Equipo Crónica, Luis Gordillo, José Guerrero, Miquel Navarro, José María Sicilia, Susana Solano e Esteban Vicente.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia