A Xunta di que non hai motivo para que o hospital Povisa presente un ERE
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/hospital_povisa.jpg)
Molares, que estivo reunida cos representantes dos traballadores durante dúas horas, explicoulles o proceso que dende a Xunta de Galicia se ten levado a cabo dende que se iniciaron as conversas co hospital e manifestoulles a firme vontade do Goberno galego de chegar a un acordo coa dirección de Povisa para firmar un novo convenio.
A delegada trasladoulles ademais unha mensaxe de tranquilidade explicándolle que existe a posibilidade xurídica de realizar unha prórroga mentrasduren as negociacións, polo que, coma sinalou Molares en declaracións aos medios tras o remate da reunión, non existe motivo algún relacionado co concerto co Sergas para a presentación dun ERE por parte da empresa. “Se hai vontade por ambas partes, se pode chegar a un acordo e non ten procedencia prantexar agora un ERE, sobre todo cando, tendo en conta de que a vixencia do concerto actual é ata o 30 de decembro, hai a posibilidade de prorrogar dito convenio mentras se manteñen as negociacións. Mentras se manteña esa vontade de negociación non é necesario que se presente ese ERE”, considerou.
Ademais, a representante da Administración autonómica na cidade, explicoulles que durante as nove reunións que xa tiveron lugar entre ambas partes, a dirección do hospital nunca avanzou ao Goberno galego a súa intención de presentar un ERE.
Neste senso, Lucía Molares reiteroulle ao comité de empresa que a Xunta quere seguir contando con Povisa e firmar o novo convenio, incluso tendo en conta a construción do novo hospital, sinalando que “por parte do Sergas podemos dicir claramente que queremos manter o concerto”, aínda que, coma matizou, “negociándoo no contexto económico actual”. E seguiu: “Existe toda a dispoñibilidade para chegar a un acordo”, dixo. Por último, Molares reiterou que a presentación do ERE “xeraría incertidume” e que “non se pode vincular ao concerto co Sergas”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia