Presentado o XX Festival de Jazz que se celebra no marco do ciclo Galicia en Vivo
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/festival_jazz_lugo_2010.jpg)
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, eloxiou o traballo dos organizadores “á hora de confeccionar un cartel tan completo e de tan alto nivel, que consegue traer para todos e todas as lucenses cada ano a músicos de prestixio internacional”. Bao ratificou o compromiso da Área de Cultura da Deputación para apoiar “o festival de Jazz máis lonxevo de Galiza, con 19 edicións xa ás costas”, e garantiu o seu respaldo de cara ao ano que vén. Antón Bao, ademais, manifestou que “desde a Área de Cultura estamos dobremente satisfeitos por darlle o noso apoio a proxectos como este xa que cumpre con dous obxectivos que nos marcamos desde a nosa entrada no goberno da Deputación: dunha banda ofrecer ao público lucense una oferta cultural gratuíta que chegue ao maior número de persoas e promover iniciativas que fomenten o desenvolvemento cultural desde a base, obxectivo este último que o Festival de Jazz de Lugo cumpre ao dar a oportunidade de subir a un escenario e progresar na súa carreira musical a incipientes figuras do jazz galego”.
Os organizadores, pola súa banda, lembraron que todas as actuacións programadas nos dous escenarios principais, o Círculo das Artes e a sede da Fundación Caixa Galicia son de entrada gratuíta, polo que agardan que o poder de convocatoria desta citas musicais sexa moi alta. Tamén fixeron fincapé en que, pese a contar cun orzamento máis modesto en comparación con outros festivais do estilo, segundo explicaron membros de “Escobijazz”, grazas a comezar a traballar coas axendas dos músicos e produtoras con moita antelación e coordinar ben as axudas públicas e patrocinios privados o festival é sen dúbida o mellor deste tipo de Galiza e dos mellores do Estado.
PROGRAMA DO XX FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO
Xoves 11 de novembro
20,00h Sala Emc2 (USC)
Fernando Tarrés Quintet
Venres 12 de novembro
20,00h Sala Emc2 (USC)
Murajazz Big Band
Sábado 13 de novembro
23,30h Club Clavicémbalo
Desbundixie New Orleans Tradicional Jazz Band
Luns 15 de novembro
20,00h Auditorio Caixa Galicia
Horacio Fumero & Pedro Javier González
21,30h Círculo das Artes
Manú Katché Band
23:30 Club Clavicémbalo
Jazzeros Inoxidables
Martes 16 de novembro
20,30h Círculo das Artes
The Saxophone Summit
23,00h Club Clavicémbalo
3 Azoteas
Mércores 17 de novembro
20,30h Círculo das Artes
Paco Charlín -The Game-con Orrin Evans, W. Smith III, D. Barrett, R. Quinerly
23,30hClub Clavicémbalo
Caribbean Classic Trio+Felipe Castro
Xoves 18 de novembro
20,30h Círculo das Artes
Big Band de Canarias & Dick Oatts
23,30h Club Clavicémbalo
Sofía Vitoria & Luis Figueiredo
00,30h Club Clavicémbalo
Yul Ballesteros Quartet
Venres 19 de novembro
20,30h Círculo das Artes
Victor Bailey Group
23,30h Club Clavicémbalo
Atcheré
Sábado 20 de novembro
20,30h Círculo das Artes
Stefano Bollani , Jesper Bodilsen , Morten Lund
23,30h Club Clavicémbalo
Atcheré
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, asistiu á rolda de presentación do Festival de Jazz de Lugo, incluído no ciclo Galicia ao Vivo da programación de Xacobeo 2010. A vixésima edición deste certame celebrarase desde o próximo xoves 11ao sábado 20 de novembro. Durante a súa intervención, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou que este certame é “unha proposta que encadra á perfección coa programación deseñada para este Ano Santo, na que, de xeito totalmente gratuíto, os lucenses e os que se acheguen a esta cidade terán a oportunidade única de gozar co mellor do jazz”.
O Festival de Jazz de Lugo vense celebrando cada mes de novembro, ininterrompidamente, desde o ano 1991 e está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, un colectivo de lucenses unidos pola súa afición por esta música e que se constitúe como asociación cultural no ano 1990. Nesta edición, o certame forma parte do ciclo Galicia ao Vivo, deseñado por Xacobeo 2010 coa intención de promove e proxectar dentro e fóra da comunidade galega unha serie de doce festivais de música
Os concertos principais dos que consta o festival desenvolveranse no Círculo das Artes, na Sala EMC2 da Universidade de Santiago de Compostela en Lugo e no Auditorio da Fundación Caixa Galicia, e son de entrada gratuíta.
O certame dará cabida, tanto a estrelas e primeiras figuras internacionais (Joe Lovano, Victor Bailey, Manu Katché, Stefano Bollani) como a novos valores do jazz mundial, como a portuguesa Sofia Vitória, o arxentino Fernando Tarrés ou os venezolanos Caribbean Classical Trío. No festival lucense tamén haberá espazo para o máis destacado do jazz estatal, entre o que se atopan Horacio Fumero, Big Band de Canarias ou Yul Ballesteros…), e representantes do mellor jazz galego (Paco Charlín, Iago Mouriño, Noli Torres...).
O Festival de Jazz de Lugo é o decano dos que se celebran en Galicia e polas súas anteriores edicións pasaron artistas do renome de Ron Carter, Lee Konitz, Kenny Barron, John Scofield, Kenny Garret, Roy Hargrove, Mike Stern, Kurt Elling, Tom Harrell, Yellowjackets, Avishai Cohen, James Carter, Metro, Patricia Barber, Christian McBride, Marc Copland, Philip Catherine, Greg Osby, Mark Turner, Horacio El Negro Hernández, Chano Domínguez, Jorge Pardo ou Pedro Iturralde. Asemade, o certame mantense á cabeza dos festivais galegos e recolle a gran diversidade de estilos e tendencias que configuran o jazz actual.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo