Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

76 xóvenes titulados da provincia resultan admitidos para a selección das bolsas medioambientais de Lug02

A Deputación publicou este mércores no taboleiro de anuncios e na web da Deputación, www.deputacionlugo.org, a listaxe provisional de admitidos e excluídos dos solicitantes que optan ás primeiras bolsas medioambientais da provincia, creadas pola Deputación ó abeiro do programa europeo Lug02 –cofinanciado nun 70% con fondos FEDER-, e destinado a impulsar a economía da provincia e a poñer en valor as Reservas da Biosfera e da comarca do Courel. En total, admitíronse 76 solicitudes de mozos que remataron os seus estudos entre os anos 2007-2010 e rexeitáronse 3 debido a que superaban os trinta anos e non estaban empadroados nalgún Concello de Lugo.

Asimesmo, o organismo provincial convocará ós admitidos na Sala de Xuntas do INLUDES ós días 22 e 23 deste mes para continuar co proceso de selección que incluirá unha entrevista persoal e unha proba en inglés. Deste xeito, o primeiro día realizarán o proceso selectivo, a partir das 12:00 horas, todos aqueles solicitantes cuxo nome este entre as letras “A” e “I” e o seguinte día dende a “J” á “Z”, a partir da mesma hora.
En total, serán 18 os xóvenes que realizarán prácticas durante 4 meses nos 7 países europeos con máis proxección e nos que a posibilidade de adquirir novos coñecementos que poidan aplicar na provincia é maior -Reino Unido, Italia, República Checa, Portugal, Alemania e Austria-, e 8 meses en empresas do ámbito de actuación do programa europeo. Os beneficiarios comezarán a súa formación no mes de xaneiro.
A través desta liña de actuación, que ten un orzamento de 270.000 euros, o organismo provincial aumenta as posibilidades de inserción laboral dos xóvenes titulados. Primeiro aplicarán como bolseiros os coñecementos adquiridos en empresas orientadas ó medio ambiente e ó turismo, pero logo poderán continuar a súa carreira como emprendedores.

A Deputación e a Unión Europea fanse cargo dos custes da viaxe de ida e volta, do aloxamento, manutención e dos gastos dos organismos de acollida na cidade de destino. Durante as estancia nas empresas asentadas nas Reservas da Biosfera e do Courel recibirán 1.000 euros mensuais.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo