Arrincan as probas de selección para as primeiras bolsas medioambientais da provincia
A Deputación puxo en marcha o proceso de selección para as primeiras bolsas medioambientais da provincia. 76 mozos empadroados nalgún dos Concellos da provincia, que dispoñen dende o ano 2007 dunha titulación académica relacionada coa materia, -Bioloxía, Ciencias Ambientais, Turismo, Forestais, Empresariais, Industriais, Agrónomos, Montes, etc-, realizan entre hoxe e mañá, no Salón de Xuntas do INLUDES, as probas definitivas: un exame de inglés oral, e unha entrevista persoal.
Unha vez finalizado este proceso, puntuarase o dominio do idioma estranxeiro, a experiencia profesional, e o coñecemento da materia, para conceder as 18 bolsas. O organismo provincial publicará a finais desta semana, tanto na súa páxina web como taboleiro de anuncios, a listaxe definitiva dos beneficiados.
No mes de xaneiro comezará a formación. Os participantes realizarán, durante 4 meses, prácticas en recoñecidas empresas situadas en Reino Unido, Italia, República Chega, Portugal, Alemaña e Austria. Logo, nos 8 meses seguintes, farán o mesmo en entidades lucenses pertencentes ás 3 Reservas da Biosfera declaradas pola UNESCO e ó Courel.
Custe cero e creación de emprego
O organismo provincial faise cargo de todos os gastos supoñendo un custe cero para os mozos. É dicir, asume as viaxes de ida e volta, aloxamento, manutención, así como os gastos dos organismos de acollida na cidade de destino. A maiores, os beneficiados recibirán 1.000 euros mentres se forman nas empresas da provincia.
As bolsas medioambientais enmárcanse dentro de Lug02, o programa medioambiental da Deputación dotado de 5 millóns de euros, co-financiado nun 70% pola Unión Europea. Esta liña de actuación, que conta cun orzamento de 270.000 euros, permitirá aumentar as posibilidades de inserción laboral dos xóvenes titulados. É unha garantía de aumentar a formación e a experiencia profesional en recoñecidas empresas relacionados co sector, e aplicar, primeiro como bolseiros e logo como emprendedores, os coñecementos adquiridos nas entidades de maior proxección en Europa.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo